miniatura|400px| O estado confesional é aquel estado que se adhire a unha relixión específica, chamada relixión oficial, igrexa estatal ou Igrexa estabelecida. Esta situación pode ser simplemente o resultado de usos e costumes ou tradición, ou reflectida na súa lexislación, especialmente na constitución do país.
O feito de que o estado recoñeza unha relixión oficial, non significa que non se permita practicar con liberdade outras relixións, ora publicamente ora de maneira restrinxidas ao eido privado. Esa situación é a de tolerancia relixiosa ou intolerancia, respectivamente.
Estados confesionais actuais Nesta lista inclúense os estados que teñen unha relixión considerada como oficial na súa constitución. Israel defínese como un estado xudeu, mais por mor da polisemia do termo non se pode asegurar que sexa un estado confesional.
Cristianismo Cidade do Vaticano (Teocracia) Costa Rica Dinamarca Grecia Inglaterra Islandia Liechtenstein Malta Noruega
Islam Afganistán Alxeria Arabia Saudita Bangladesh Brunei Comores Exipto Emiratos Árabes Unidos Iemen Irán (Teocracia) Iraq Kuwait Libia Malaisia Maldivas Mauritania Marrocos Omán Paquistán Qatar Somalia Tunisia Xordania
Budismo Bután Camboxa Sri Lanka Tailandia
Categoría:Conservadorismo Categoría:Formas de estado