Bernard White Racing foi un equipo de carreiras de motor do Reino Unido. O equipo fundouno Bernard White e correu na Fórmula 1 entre e usando un BRM P261.
En 1966 o equipo participou no Gran Premio de Mónaco de 1966 con Bob Bondourant pilotando que quedou en cuarto lugar, entón a mellor actuación do equipo. No Gran Premio dos Estados Unidos e o Gran Premio de México co piloto escocés Innes Ireland, retiráronse de ambas carreiras. Tamén participaron na International Gold Cup de 1966, unha carreira fora de campionato na que Innes Ireland terminou cuarto.
En , o equipo participou en dúas carreiras con David Hobbs. No Gran Premio do Reino Unido Hobbs terminou oitavo, e no Gran Premio do Canadá acabou no noveno lugar. Tamén inscribiron a Hobbs para o Gran Premio de Siracusa de 1967 pero retiraron o seu coche antes de que comezase a fin de semana da carreira.
En , Bernard White participou nas tres carreiras fora do campionato con Hobbs. Na Carreira de campións Hobbs terminou noveno. Rematou sexto tanto no BRDC International Trophy como na International Gold Cup. A última carreira de Fórmula Un do equipo foi o Gran Premio de Italia de 1968 para o que Frank Gardner non se clasificou.
En 1965 Bernard White inscribíu o seu Ferrari 250LM (5907) de Maranello Concessionaires en Mallory Park e Angola (Vic Wilson) e en 1966 no Daytone Continental pilotado por Vic Wilson e Denny Hulme e en Brands Hatch e Zeltweg (David Hobbs) e despois en Kyalami pilotado por Bob Hailwood e Hailwood. Ademais Bernard White inscribíu o seu ex-Essex Wire Ford GT40 (P/1001) durante 1966 en Croft, Brands Hatch, Zeltweg, Kyalami, Cidade do Cabo, Rhodesia, Lourenco Marques, Pietermaritzburg, pilotado por Alan Rees, Innes Ireland, David Hobbs e Mikeil Spewood.
Resultados completos do Campionato Mundial de Fórmula 1 (Chave)
Ano Equipo Chasis Motor Pneus. Pilotos 1 2 3 4 5 6 7 8 9 10 11 12 Bernard White Racing BRM P261 BRM P60 1.9 V8 MON BEL FRA GBR NED ALE ITA USA MEX Innes Ireland Ret Ret Team Chamaco Collect Bob Bondurant 4 Ret 9 Ret 7 Vic Wilson NTS Bernard White Racing BRM P261 BRM P60 2.1 V8 RSA MON NED BEL FRA GBR ALE CAN ITA USA MEX David Hobbs 8 9 Bernard White Racing BRM P261 BRM P101 3.0 V12 RSA ESP MON BEL NED FRA GBR ALE ITA CAN USA MEX Frank Gardner NSC
Resultados na F1 fora do campionato Ano Equipo Chasis Motor Pilotos 1 2 3 4 Team Chamaco Collect BRM P261 BRM P60 1.9 V8 Vic Wilson RSA SIR4 INTRet OUL Bernard White Racing Innes Ireland RSA SIR INT OUL4 Bernard White Racing BRM P261 BRM P101 3.0 V12 David Hobbs ROC9 INT6 OUL6
Notas
Referencias
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas
Categoría:Escuderías de Fórmula 1 Categoría:Escuderías de Fórmula 1 do Reino Unido