Ramón Álvarez Lugín, nado en Cambados o 28 de marzo de 1851 e finado en Santiago de Compostela o 30 de maio de 1918, foi un frade e escritor galego.
Traxectoria Fíxose franciscano en 1868 e foi ordenado sacerdote o 22 de maio de 1875. Trasladouse á misión de Marrocos, onde permaneceu dous anos. Incorporouse en 1878 á provincia regular de Cartaxena. En 1883 marchou a Roma. En 1897 volveu formar parte da provincia de Santiago de Compostela. Estivo destinado no Convento de San Francisco de Louro. Foi musicólogo. Finou en Santiago de Compostela o 30 de maio de 1918.El Eco Franciscano, 1-6-1918, p. 19-20.
Obra Colaborou en La Cruz de Madrid e El Eco Franciscano de Compostela, asinando co pseudónimo El Oscurantista de Marras. Como músico deixou algunhas composicións e como investigador creou un índice alfabético dos pais e relixiosos do antigo convento franciscano de Santiago de Compostela.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Outros artigos Alejandro Pérez Lugín Ligazóns externas Membiela, Lucindo-Javier (15/3/2013). "El primo franciscano de Don Alejandro" lacasadelatroya.com .
Categoría:Sacerdotes católicos de Galicia Categoría:Escritores de Galicia en lingua castelá Categoría:Xornalistas de Galicia Categoría:Nados en Cambados Categoría:Nados en 1851 Categoría:Finados en 1918 Categoría:Compositores de Galicia coa obra no dominio público Categoría:Musicólogos de Galicia