Os Discorsi sopra la prima deca di Tito Livio (en ) é unha obra de historia e filosofía política escrita cara a 1517 polo pensador e teórico político florentino Niccolò Machiavelli (1469-1527). Os Discorsi foron publicados de maneira póstuma cun privilexio papal en 1531.
O título fai referencia ao tema do libro, os dez primeiros libros da Historia de Roma de Tito Livio (c. 64 a.C.-17 d.C.), tamén coñecida como Ab urbe condita, que narra a expansión de Roma até a fin da terceira guerra samnita en 293 a.C.; porén, Machiavelli analiza tamén o que se pode aprender de moitas outras épocas, incluíndo a súa contemporaneidade. O florentino vía a historia en xeral como unha maneira útil de aprender leccións para o presente. Ademais, este tipo de traballo poderíase expandir polas xeracións vindeiras, sempre e cando non esquezan as obras do pasado.
Machiavelli adoitaba describir aos romanos e outros pobos antigos como modelos superiores para os seus concidadáns, mais tamén describe a grandeza política como algo que vai e vén en ciclos.
Véxase tamén Outros artigos Niccolò Machiavelli O príncipe Tito Livio
Ligazóns externas Texto completo en italiano (Internet Archive)
Categoría:Libros de historia sobre a Roma Antiga Categoría:Literatura en lingua italiana Categoría:Historia política Categoría:Obras literarias do século XVI Categoría:Obras de Niccolò Machiavelli