Raquel Peláez Gusano, nada en Ponferrada no ano 1978, é unha xornalista e escritora española especializada en temas de consumo, cultura de masas e antropoloxía urbana. Desde 2020, é a subdirectora da revista de moda, beleza, tendencias e famosos S Moda de El País.
Traxectoria Licenciouse en xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Posteriormente, cursou un máster en Mercadotecnia polo London College of Communication entre 2007 e 2009. Comezou o seu labor profesional en xornais rexionais como o Diario de León, onde estivo entre 1997 e 1998, e despois en La Voz de Galicia. En 2009, comentou a traballar na edición española da revista estadounidense Vanity Fair, onde chegou a redactora xefa de Vanity Fair dixital entre 2017 e 2019.
Tamén no 2019 entrou a traballar para a revista de moda, beleza, tendencias e famosos S Moda de El País como redactora xefa. Ao ano seguinte, en maio de 2020, Peláez foi nomeada subdirectora. Desde o 12 de novembro de 2024, ocupa a columna da contraportada de El País dos martes. A substitución produciuse tras a saída do escritor Fernando Aramburu desta tribuna, que levaba desde abril de 2022.
Peláez é autora de ¡Quemad Madrid! (o llevádme a la López Ibor), en referencia á clínica psiquiátrica dirixida polo médico Juan José López Ibor. Foi un libro publicado en 2014 pola editorial Libros del K.O.` no que trata en profundidade os artigos escritos no seu blog sobre a vida na cidade, e dá conta de coñecidos personaxes talles como David Summers, Joaquín Sabina, Esperanza Aguirre ou Javier Marías, entre outros. As ilustracións están a cargo do historietista Alfonso Zapico.
En 2019, publicou Londres-Libro de viaje, ilustrado por Inma Serrano. Neste libro, e despois de vivir en Londres durante varios anos, Peláez confeccionou un retrato interior da sociedade londiniense e os seus habitantes, as paisaxes das súas rúas e o seu atractivo turístico.Posteriormente, en 2024, publicou Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España, un ensaio cun estilo humorístico e crítico onde explora as contradicións e superficialidades do fenómeno pijo en España, facendo un retrato desenfadado pero incisivo sobre as desigualdades e o culto ás aparencias na sociedade.
Recoñecementos Peláez foi seleccionada para participar no proxecto No me cuentes cuentos, unha iniciativa conxunta da consultora de comunicación Prodigioso Volcán e a newsletter de información xeral Kloshletter. Trátase dun libro de relatos infantís cuxas protagonistas son mulleres españolas e no que Peláez ocupouse da figura de Concepción Arenal.
Obra
2014 – ¡Quemad Madrid! (o llevadme a la López Ibor). Libros del K.O. Madrid. ISBN 9788416001224. 2019 – Londres: libro de viaje. Ilustrado por Inma Serrano. Tintablanca. Madrid. ISBN 978-84-949894-6-9. 2024 – Quiero y no puedo. Una historia de los pijos de España. Blackie Books. Madrid. ISBN 978-8410025233.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas
Artigos de Raquel Peláez en Vanity Fair. Artigos de Raquel Peláez en El País.
Categoría:Nados en Ponferrada Categoría:Nados en 1978 Categoría:Xornalistas de España Categoría:Escritores de Castela e León Categoría:Escritores en lingua castelá Categoría:Alumnos da Universidade de Santiago de Compostela