A ría de Villaviciosa é un estuario natural situado en Asturias, concretamente no concello de Villaviciosa. Desemboca no mar Cantábrico, entre as praias de Rodiles e El Puntal.
Os seus arredores foron declarados reserva natural parcial en 1995 (Decreto 61/1995 e Decreto 153/2002 do Goberno de Asturias) ocupando unha superficie de 1.085 ha. Ademais, está catalogado como LIC (Lugar de importancia comunitaria), ZEPA (Zona de especial protección para as aves)Véxase entrada do «FORMULARIO NORMALIZADO DE DATOS» da Rede «NATURA 2000» de 20 de marzo de 2001, no sitio do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente, código ES0000323, dispoñible en liña en: e desde o 7 de xaneiro de 2011, sitio Ramsar.
A salinidade das augas é relativamente alta por mor da escasa achega de auga doce dos regatos que van parar á ría, o que ten repercusión na flora e a fauna.
Notas
Villaviciosa Categoría:Villaviciosa Categoría:Sitios Ramsar en España Categoría:Áreas protexidas de Asturias Categoría:Zonas especiais de conservación