Kismet é un filme camerunés de 2024 dirixido e escrito por Ngang Romanus Ntseh. Foi escollido como candidato do Camerún para o Óscar ó mellor filme internacional na 97ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.

Sinopse Nun contexto de diferenzas interculturais e tensións relixiosas polas disputas por terras, Wambo, unha muller cristiá de 25 anos, desafía as normas sociais e os prexuízos namorándose de Ibrahim, un home musulmán. A súa relación florece e empurra a Wambo a asumir o papel de mediadora reticente entre as faccións en guerra.

Personaxes Nora Lum como Wambo Sakinatou Abdou como Halima Louis Akongnwi como Fon Alehkeh Hawe Bouba como Hadja Tikum Brian como Emmanuel Ambe Light Bryan como Ibrahim Albert Che como Lamido

Notas

Véxase tamén Outros artigos Filmes do Camerún propostos ó Óscar ó mellor filme internacional Filmes propostos ó mellor filme internacional na 97ª edición dos Óscar

Categoría:Filmes de 2024 Categoría:Filmes do Camerún