O Sukhoi Su-7 (designación OTAN: Fitter-A) ñe un caza supersónico coas ás en frecha desenvolvido pola Unión Soviética en 1955. Deseñouse orixinalmente como un caza táctico a baixa cota, pero non tivo éxito nese papel. Por outra banda, a serie Su-7B, introducida pouco despois, converteuse no principal avión de combate soviético e de ataque a terra dos anos 60. O Su-7 era robusto na súa sinxeleza, pero o seu motor Lyulka AL-7 tiña un consumo de combustible tan elevado que limitaba seriamente a carga útil do avión, xa que incluso as misións de curto alcance requirían que se usaran polo menos dous soportes externos para levar tanques lanzables en lugar de armamento.Wheeler 1992, p. 143
Notas
Bibliografía
Wheeler, Barry C. The Hamlyn Guide to Military Aircraft Markings. London: Chancellor Press, 1992. .
Categoría:Aeronaves de Sukhoi Categoría:Aeronaves co primeiro voo en 1955 Categoría:Cazas