Pablo González Meixús, nado en Pontevedra o 21 de maio de 2003, tamén coñecido como Pablo Meixús, é un futbolista galego. Na tempada 2024-25 xoga como defensa no Celta Fortuna, o filial do Real Club Celta de Vigo.

Traxectoria Pablo Meixús vinculouse desde os 9 anos coas categorías inferiores do Celta de Vigo. Ao finalizar a súa etapa no Celta Xuvenil, con 19 anos, na tempada 2022-23 fichou polo Bergantiños FC, que daquela militaba na Segunda Federación. Un ano despois, na tempada 2023-24 regresou ás filas celestes, desta vez no que por aquel entón era o terceiro filial do Celta, o Celta C-Gran Peña. Na seguinte tempada, a 2024-25, ascendeu ao segundo filial celeste, o Celta Fortuna que militaba en Primeira Federación.

Clubs 20x20px Actualizado co último partido disputado o . Club País Ano Partidos GolesBergantiños FC2022-2023240Celta C-Gran Peña2023-2024120Celta Fortuna2024-act.260

Notas

Véxase tamén Outros artigos Claudio Giráldez Bergantiños FC Ligazóns externas Entrevista a Meixús, defensa do Celta B en Celta Media, a canle celtista en Youtube.

Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 2003 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas de Pontevedra Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Defensas de fútbol