Juan Manuel Gómez Corbacho, nado en Pontevedra e finado na mesma cidade o 12 de decembro de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Traxectoria Chofer da liña de autos a Cangas. Militante do Partido Comunista de España. Presidente da Sociedad de Chauffeurs, coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido acusado de fabricar bombas con botellas de líquidos inflamables. Xulgado en consello de guerra, foi condenado a pena de morte, conmutada pola de prisión.El Ideal Gallego, 17-10-1934, p. 6. Saíu en liberdade en febreiro de 1936 pola amnistía decretada logo do triunfo da Fronte Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 fuxiu e agochouse. Localizado no lugar da Torre (Lourizán), organizouse unha batida o 12 de decembro baixo o mando do alférez da Garda Cívica Víctor Lis Quibén cuns vinte gardas cívicos e catro gardas civís mandados polo cabo Jesús Barca Vázquez. Gómez Corbacho e Manuel Méndez Montes foron asasinados. Na acción foron detidos a súa muller Elvira Lodeiro González e os irmáns Consuelo e Ramón Acuña Iglesias.Diario de Pontevedra, 12-12-36, p. El Progreso, 13-12-36, p. El Pueblo Gallego, 13-12-1936, p. 7.
Vida persoal
Casou con Elvira Lodeiro González. Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Elvira Lodeiro González Morrer en Salcedo. Epistolario (IV): Cartas a Gómez Corbacho.
Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en ano descoñecido Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos Categoría:Sindicalistas de Galicia