miniatura| Incendio forestal de 2006 en Baiona, foto de Delmi Álvarez.|302x302px Os incendios en Galiza son un fenómeno recorrente, provocados por diversas causas, como a deforestación e a limpeza de matogueiras, a eliminación da fauna autóctona e os incendiarios. Actualmente, os incendios en Galiza representan o 50% da superficie queimada cada ano en España e o 40% de todos os incendios.

Historia

Primeiras referencias A historia dos incendios no noroeste peninsular esténdese por moitos séculos, nunha longa relación con este fenómeno, en ocasións natural e moitas outras veces provocado.Entre causas naturais están os raios e a regra dos 30-30-30. Segundo os informes de incendios dos axentes forestais, durante este século cerca do 99% dos que se rexistran en Galiza teñen causas humanas, dos cales o 75% son intencionados e o 25% son debidos a accidentes ou neglixencias. Porén, outros discrepan deses informes. Véxase neste artigo o apartado 'Causas e prevención'.

As referencias a incendios en Galiza antes do século XX son escasas e indirectas, debido á falta de rexistros.

Os habitantes da cultura castrexa, na Idade do Ferro, podían ter usado lume para diversas prácticas agrícolas e de limpeza de terreo, como era común noutras culturas celtas. Ademais, algunhas prácticas relixiosas celtas incluían potencialmente o uso do lume en rituais, como os festivais de Beltane. Así mesmo, as crónicas romanas ocasionalmente mencionan incendios como tácticas de guerra, así que posibelmente os usasen na conquista da Gallaecia. Autores da Antigüidade clásica como Platón e Aristóteles mencionan diversos incendios forestais en Grecia, porén non hai referencias similares daquel tempo para o noroeste peninsular. Na idade Media hai referencias a incendios causados polos visigodos en Chartres, así que é posíbel que tamén os producisen nos seus enfrontamentos no reino dos suevos. Recentemente, unha lenda oral sobre un incendio de hai séculos no sur de Galiza foi confirmada pola ciencia ao achar evidencias físicas no lugar.

Idade contemporánea A primeira referencia a incendios forestais na Galiza moderna pode rastrexarse até a década de 1960, cando comezaron a ser recoñecidos sistematicamente debido á súa frecuencia e impacto. Por exemplo, o Anuario de Vigo de 1963 menciona un grande incendio nas Cíes que puña en perigo o seu repoboamento. Antes diso, os incendios eran considerados parte da xestión agraria e forestal tradicional, onde a queima de monte era unha práctica común para renovar pastos e eliminar restos de vexetación.

Década de 1990 Os incendios forestais prodúcense maiormente desde mediados dos anos noventa e duplicáronse nos últimos vinte anos.

Século XXI

2006

A vaga de incendios de 2006 foi un conxunto de 1970 incendios forestais (37 deles de grandes proporcións) que arrasaron Galiza (especialmente as provincias de Pontevedra e A Coruña), entre o 3 e o 15 de agosto de 2006. Provocaron a morte de catro persoas, e ardeu un grande número de hectáreas (77 000 segundo a Xunta de Galicia, 86 033 segundo o Ministerio de Medio Ambiente, 86 232 segundo o CEIF, 88 000 segundo a Comisión Europea e 92 058 segundo o CSIC).

2017

A vaga de incendios forestais de outubro de 2017 afectaron a boa parte de Galiza e foron simultáneos con cadansúas vagas en Asturias e Portugal. Co primeiro lume, sucedéronse centos e miles máis, catalogando varias provincias de Galicia como zona catastrófica.

Entre o venres 13 de outubro e a tarde do domingo rexistráronse 146 incendios, 60 deles na xornada de domingo e 28 destes iniciados de madrugada, entre a medianoite e as nove da mañá. O domingo 15 de outubro de 2017 Galiza viviu nesa época do ano unha vaga de calor infrecuente, e pouco despois do mediodía a calor, a humidade relativa do aire fórmula 30/30/30 = incendio forestal (Máis de 30 graos de temperatura, menos do 30% de humidade e ventos de máis de 30 quilómetros por hora) activaron a alarma de risco extremo de incendios na zona sur do país galego. Os lumes afectaron ás catro provincias. Provocaron catro mortos en Galiza e 44 en Portugal. Catro meses antes producírase en Portugal o incendio forestal de Pedrógão Grande.

2025

Causas e prevención O biólogo galego Xabier Vázquez Pumariño entre outros científicos, reivindican a erradicación da proliferación de novas plantacións de eucalipto e especies invasoras non naturais do ecosistema galego. Ese tipo de negocios dan ganancias a moita xente gañando millóns de euros pero destruíndo os bosques autóctonos, tamén hai afección á contaminación do mar (Ence, fábrica de pasta de papel en Pontevedra). O eucalipto crece rápido e necesita moita auga.

Tamén se apuntaron como causas a roza, a falta de cabalos autóctonos e outra fauna que coman as herbas, toxos, xestas e monte baixo e axuden a limpar o monte, a mala política forestal, os contratos de alugueiro de aeronaves, a falta de medios e brigadas para a extinción, ou o incremento da plantación de eucaliptos onde antes había árbores autóctonas que o protexían do lume. Os presidentes de Galiza, Alberto Núñez Feijóo, e de España, Mariano Rajoy, incidiron dun xeito sistemático que foron intencionados, mentres que profesionais especializados como enxeñeiros, xuristas,Opinión de Álvaro García Ortiz, fiscal delegado de Medio Ambiente e de Fernando Suanzes, fiscal superior de Galicia brigadistas e servizos de emerxencias non mencionan a intencionalidade como razón principal, aducindo outras causas.A ausencia dun mando único (xa dende 2015), o modelo e desmantelamento anticipado do dispositivo e mesmo a recomendación a chamar ó 112. O secretario xeral do Eixo Atlántico Xoán Vázquez Mao, ante a insinuación de culpar a Portugal polo descontrol dos incendios no seu territorio, criticou a Alfonso Rueda como vicepresidente pola ausencia dun órgano transfronteirizo unificado de coordinación de emerxencias. Algúns autores apuntaron unha estratexia dos primeiros para ocultar as causas que os segundos refiren.Rosa Aneiros criticouno como unha manobra de distración, mentres que Carlos Negro criticou tamén a cobertura da Televisión de Galicia

Segundo os medios de comunicación e expertos, os incendios en Galiza poderían evitarse se houbese medios e un plan eficaz para evitalos. Outro gran problema que non se solucionou é a emerxente plantación de eucaliptos, unha especie invasora de Australia que arrasa a terra e que é un negocio que prolifera entre moitos propietarios de montes, para abastecer á única empresa de celulosa de Pontevedra, sendo, por moitos anos, punto de atención entre ecoloxistas e mariscadores da ría.

O Goberno galego iniciou unha iniciativa de compensación para favorecer a substitución do eucalipto por vexetación autóctona ou lograr a súa eliminación naquelas zonas onde, por natureza, non existía ningún tipo de plantación. En Portugal e en Galiza, ecoloxistas, colexios e colectivos de protección ambiental tomaron a iniciativa de arrincar o eucalipto e plantar outras especies. É o caso de Ferraría de São Joao, unha aldea do municipio de Penela en Portugal, que se viu ameazada polos recentes grandes incendios forestais que arrasaron miles de hectáreas, ameaza que tamén sufría o Casal de São Simao, polo que ambos decidiron actuar para protexer a súa poboación arrancando o eucalipto. Ademais, os ecoloxistas da zona denunciaron o descontrol das plantacións ilegais desta especie arbórea exótica.

En Galiza e Portugal creáronse brigadas de cidadáns descontentos para retirar os brotes de eucalipto.

As Nacións Unidas (ONU) recoñecen a recuperación de espazos naturais nos montes de Froxán e Santiago de Covelo -no concello coruñés de Lousame e Covelo, na Paradanta, respectivamente. Convertéronse nas primeiras do Estado español e as terceiras da Unión Europea en ingresar no rexistro ICCA, no marco do Programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente. Esta distinción internacional recoñece aqueles espazos naturais que son xestionados, recuperados ou rehabilitados de forma eficaz polas comunidades locais ou indíxenas.miniatura| Brigada de baldes en Valadares fotografiada por Delmi Álvarez|267x267px

O eucalipto é ademais un soporte para a expansión da avespa velutina, pola grande altitude desta especie e por ter unha folla perenne que protexe e camufla durante todo o ano. Este insecto mata as abellas do mel que afecta aos apicultores e que xa se converteu nunha praga e tamén ten matado xente.

Documentación O fotógrafo Delmi Álvarez documentou os incendios e as súas consecuencias a partir de 2006 nun proxecto chamado Queiman Galiza. Álvarez experimentou con outros fotoxornalistas un dos días máis tráxicos documentando incendios. Notas

Véxase tamén Outros artigos

Altri Ence O que arde Only on Earth Vaga de incendios forestais de 2006 en Galicia Vaga de incendios forestais de 2017 en Galicia Incendios forestais de 2017 na Península Ibérica Incendio forestal de Pedrógão Grande en 2017 Vaga de incendios forestais de 2025 en Galicia

Ligazóns externas Incendios.gal

Categoría:Galicia Categoría:Incendios forestais