Technofeudalism: What Killed Capitalism é un ensaio do economista de extrema esquerda grego Yanis Varoufakis, publicado en outubro de 2023. O autor explica como o capitalismo foi e está a ser substituído polo que denomina tecnofeudalismo e non por unha fase superior do modelo económico capitalista. Na obra Varoufakis explica como os cambios técnolóxicos e as propias dinámicas do capitalismo fixeron que aparecese unha nova clase social, os "Nubelistas" aos que considera como a nova clase social revolucionaria que posúe o poder político, económico e social.
Contido Varoufakis argumenta que o tecnofeudalismo estaría dominado por unha gran burguesía dixital (os chamados Nubelistas) e grandes empresas tecnolóxicas, que actuarían coma señores feudais da nube. Varoufakis explica que os mercados tradicionais foron substituídos por plataformas dixitais que extraen rendas en lugar de xerar beneficios do xeito tradicional, como por exemplo Google, Amazon que se converteron en feudos, con empresas tradicionais produtoras de mercancías coma vasalos. Estas plataformas, segundo o autor, controlan a economía e a sociedade de xeito similar aos señores feudais na Idade Media.
O escritor emprega diversos exemplos durante toda a obra para ilustrar como un novo sistema de explotación está detrás do aumento da desigualdade.
Na súa obra Varoufakis indica que a antiga estrutura social do capitalismo (burgués-clase dominante e proletariado-clase explotada) mudou a unha nova. Esta nova estrutura social estaría composta por:
Nubelistas: clase explotadora e revolucionaria, conformada polos ultraricos donos do capital da nube, explotaría ás demais clases sociais empregando a renda e o acceso á nube. Burguesía tradicional: clase explotadora, mais tamén explotada, de xeito análogo á actualidade esta clase social explotaría aos seus traballadores asalariados mais sería avasallada polos nubelistas a través do pago de rendas. Proletariado da nube: proletariado moderno. Escravos da nube: clase explotada, engloba a todo quen que traballe gratis para a Nube a través do consumo dixital ou de publicar contido nas RRSS ou en internet.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Technofeudalism - What Killed Capitalism (2023) Yanis Varoufakis : Free Download, Borrow, and Streaming : Internet Archive Yanis Varoufakis habla del auge del tecnofeudalismo "TECNO-FEUDALISMO" - Yanis Varoufakis. ¿Por qué somos siervos en la nube? Home - Yanis Varoufakis
Categoría:Ensaio
Categoría:Economía Categoría:Obras literarias de 2023 Categoría:Obras literarias en inglés