The Decemberists é unha banda estadounidense de indie rock procedente de Portland, Oregon, a formada no ano 2000. O grupo está composto por Colin Meloy (voz principal e guitarra), Chris Funk (guitarra, multiinstrumentista), Jenny Conlee (piano, teclados, acordeón e coros), Nate Query (baixo), e John Moen (batería).
En 2024 o grupo levaba publicados nove álbums de estudio, centrándose as súas letras en en incidentes históricos e folclore. A participación do público e unha parte das súas actuacións ao vivo, normalmente durante os bises. A banda pon en escena caprichosas recreacións de batallas marítimas e outros eventos centenarios, normalmente de interese rexional, ou interpreta cancións con membros do público.
En 2011, o tema "Down by the Water" do seu álbum The King Is Dead foi nomeado á mellor canción de rock na 54ª edición dos premios Grammy.
Discografía Álbums Álbum Ano Selo Castaways and Cutouts 2002 Hush Records Her Majesty the Decemberists 2003 Kill Rock Stars Picaresque 2005 Kill Rock Stars The Crane Wife 2006 Capitol Records The Hazards of Love 2009 Capitol Records The King Is Dead 2011 Capitol Records What a Terrible World, What a Beautiful World 2015 Capitol Records I'll Be Your Girl 2018 Capitol Records As It Ever Was, So It Will Be Again 2024 YABB
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina da banda
Categoría:Grupos musicais de Oregón Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de indie folk Categoría:Grupos musicais de indie pop Categoría:Grupos musicais formados en 2000