Álex González, nado en Ourense no ano 1960, é un programador e mestre galego. Segundo o Museo do Videoxogo de Cangas de Morrazo, foi o desenvolvedor do primeiro videoxogo galego en ser comercializado, en decembro de 1986, titulado The Wall.

Traxectoria Fillo de pai emigrado en Francia, pasou a infancia entre Ourense e París, en visitas familiares. Aos 12 anos mudouse a Madrid para completar estudos ata o bacharelato. Con 18 anos retornou a Ourense e comezou a traballar no sector da moda mentres continuou cos seus estudos técnicos superiores: primeiro electrónica industrial, e despois enxeñaría informática..

Adquiriu en 1986 un microordenador doméstico de 8 bits MSX co obxectivo de desenvolver, de forma autodidacta, un programa de cálculo de estruturas para unha empresa familiar. Durante o proceso de aprendizaxe da linguaxe de programación coa axuda de libros especializados e recorrendo á axuda doutros afeccionados cos que se comunicaba por vía postal, decidiu abandonar o proxecto do programa empresarial para centrarse nunha primeira versión do videoxogo The Wall. A primeira versión presentoulla ese ano á empresa comercializadora española Erbe Software, con sede en Madrid. Tras unha primeira solicitude de mellora técnica do código, que lle levou a González seis meses, o ourensán rematou a nova versión: The Wall foi comercializado a finais do ano 1986, e converteuse no primeiro videoxogo de Erbe Software creado por unha soa persoa. En tres anos, e segundo os datos oficiais, vendéronse máis de 7000 unidades en España.

Xubilouse tras traballar na Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

Notas

Categoría:Programadores de videoxogos de España Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1960 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes