miniatura| O mimo Pablo Zibes O teatro físico é unha técnica de interpretación teatral que comezou no século XIX e que se caracteriza por construír personaxes e as súas emocións mediante accións. Con esta técnica, os actores poden traballar en monólogos, diálogos e todo tipo de obras teatrais, clásicas ou modernas.

Características Naceu buscando a liberdade expresiva e a "protección psicolóxica" dos actores, xa que non necesitan "sentir" o que sente o seu personaxe, nin buscar no seu pasado nin no seu interior estas emocións, nin a calidade da súa interpretación depende do estado de ánimo, mental e emocional do momento.

Oponse ao método de Lee Strasberg, no que parte das emocións para crear as accións e así crear o personaxe.

Desenvolvido pola commedia dell'arte, actualmente fusiona tamén técnicas de danza, artes marciais, clown, circo etc.

Directores e desenvolvedores Algúns artistas dos que aplicaron e desenvolveron o teatro físico son Antonin Artaud, Pina Bausch, Jerzy Grotowski, Vsévolod Meierhold, Peter Brook, Jacques Lecoq, Eugenio Barba, Étienne Decroux, Ariane Mnouchkine e Tadashi Suzuki.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos

Educación física Esquema corporal Propiocepción Sistema Stanislavsky

Ligazóns externas

Centro de Teatro Físico

Categoría:Cinema Categoría:Teatro