As linguas pekodianas son un subgrupo da familia caribe. Estas linguas fálanse nos estados de Mato Groso e o Pará, no Brasil e compoñen a rama máis meridional das linguas caribes.Carvalho, Fernando O. de (2020). Tocantins Apiaká, Parirí and Yarumá as Members of the Pekodian Branch (Cariban) . Revista Brasileira de Línguas Indígenas - RBLI. Macapá, v. 3, n. 1, p. 85-93, 2020.
Meira e Chousou-Polydouri (2015) considera as linguas pekodianas como descendentes das migracións caribes dende o norte, xa que a diversidade lingüística caribe concéntrase no norte de América do Sur.Meira S, Birchall J, Chousou-Polydouri S. 2015. A character-based internal classification of the Cariban family. Talk presented at the 48th Annual Meeting of the Societas Linguisticae Europaea, Leiden, Netherlands, Sept. 4.
O termo pekodiano foi acuñado en 2005 por Meira e Bruna Franchetto sobre a base dunha palabra afín para "muller" que se atopa nestas linguas, respectivamente en bakairi "pekodo" e en ikpeng "petkom", mais non se atopa en ningunha das outras linguas caribes.Meira, Sérgio e Bruna Franchetto. 2005. “The southern Cariban languages and the Cariban family.” in International Journal of American Linguistics 71, páxinas 127-192.
Linguas As linguas pekodianas son:Meira, Sérgio. 2006. A família lingüística Caribe (Karíb). Revista de Estudos e Pesquisas v.3, n.1/2, p.157-174. Brasília: FUNAI. (PDF)Gildea, Spike. 2012. "Linguistic studies in the Cariban family", in Campbell & Grondona, eds, The Indigenous Languages of South America: A Comprehensive Guide. Berlin/Boston: De Gruyter Mouton.Jolkesky, Marcelo Pinho De Valhery. 2016. Estudo arqueo-ecolinguístico das terras tropicais sul-americanas. Ph.D. dissertation, Universidade de Brasilia.
Bakairi Ikpeng Arára do Pará Yarumá (Suyá) Amonap (Kuikuro–Kalapalo, Matipuhy)
Préstamos lingüísticos As linguas pekodianas teñen varios préstamos de linguas non caribes, incluíndo as linguas juruna e arauacas.
As linguas pekodianas tamén puideron influír nas linguas bororo e outras familias de linguas non caribes.
Notas
Categoría:Linguas caribes