Sally Patricia Oldfield, nada en Dublín o 3 de agosto de 1947, é unha cantante folk irlandesa. Irmá de Mike Oldfield e Terry Oldfield, o seu maior éxito como cantante foi a canción "Mirrors".

Traxectoria Sally Oldfield naceu en Irlanda, pero pasou a súa infancia en Inglaterra, en Reading, Berkshire. Desde os catro anos estudou ballet e gañou numerosos concursos en diversos estilos de danza, incluíndo ballet clásico, claqué e baile moderno. Con once anos, gañou unha bolsa para a Royal Academy of Dancing de Londres, pero abandonou a danza aos trece anos. Estudou sete anos de piano durante os seus anos escolares, nos que se fixo amiga de Marianne Faithfull.

Na Universidade de Bristol estudou Literatura Inglesa e Filosofía.

Carreira musical A finais da década de 1960 Sally creou o dúo The Sallyangie co seu irmán Mike, e comezaron a adaptar música folk e celta ao seu repertorio.

En agosto de 1968 o dúo de irmáns gravou o disco Children of the Sun, cando Sally tiña 21 anos e Mike 15. Logo continuaron as súas carreiras por separado, mais Sally volveu colaborar en varios álbums de Mike.

Dez anos despois de formar o dúo, Sally debutou aos 31 anos como solista co álbum Water Bearer en 1978, que inclúe a canción "Mirrors", que acadou o posto 19 nas listas británicas.

Discografía Solitario 1978 – Water Bearer 1979 – Easy 1980 – Celebration 1981 – Playing in the Flame 1982 – In Concert 1983 – Strange Day in Berlin 1987 – Femme 1988 – Instincts 1990 – Natasha 1992 – The Flame as 'Natasha Oldfield' 1994 – Three Rings 1996 – Secret Songs 2001 – Flaming Star 2009 – Cantadora 2012 – Arrows of Desire 2018 – The Enchanted Way 2019 – Mystique

Con Steve Hackett 1975 – Voyage of the Acolyte – voces en "Shadow of the Hierophant"

Con Mike Oldfield 1973 – Tubular Bells 1974 – Hergest Ridge 1975 – Ommadawn 1978 – Incantations 2002 – Tres Lunas 2003 – Tubular Bells 2003

Con Pekka Pohjola 1977 – The Mathematician's Air Display

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Música de Irlanda

Categoría:Nados en Dublín Categoría:Cantantes de Irlanda Categoría:Nados en 1947 Categoría:Alumnos da Universidade de Bristol