Roberto Leal Jiménez, nado en Buenos Aires o 22 de setembro de 1956, é un actor arxentino de orixe galega, fincado en Santiago de Compostela dende a década de 1980.

Traxectoria Naceu en en Buenos Aires o 22 de setembro de 1956, sendo fillo de Juan, un ferrolán que fuxira da Guerra Civil, e de Dolores, andaluza. A parella coñeceuse en Francia e xuntos emigraron á Arxentina, onde naceu Roberto.

Criouse na capital arxentina e estreouse no teatro aos 15 anos. Estudou artes escénicas e compaxinou os estudos con diferentes traballos. Licenciouse en Formación Actoral e Dirección Teatral pola Universidade Nacional do Centro e en 1984 mudouse a España. Despois de dous anos en Madrid, cunha compañía de zarzuela, instalouse en Ferrol. Na cidade departamental deu clases de teatro aos alumnos do instituto Concepción Arenal, entre eles Javier Gutiérrez. Dous anos despois mudouse a Santiago de Compostela e dende 1990 dá clases no colexio Peleteiro. Deulle clase entre outros a Fefa Noia, futura directora do Centro Dramático Galego.e futura directora adxunta do Centro Dramático Nacional.

En 1996 obtivo o seu primeiro papel na televisión, na serie da Televisión de Galicia A familia Pita, traballo ao que seguiron outros durante os seguintes anos en diferentes series como Pratos combinados, Galicia Exprés, Fíos, As leis de Celavella, Matalobos, Serramoura, O sabor das margaridas ou Rapa. Traballou tamén no cine, en cintas como Sei quen es, Rafael, Elisa e Marcela ou A illa das mentiras.

Notas

Categoría:Nados en Buenos Aires Categoría:Nados na diáspora galega Categoría:Nados en 1956 Categoría:Arxentinos de ascendencia galega Categoría:Actores da Arxentina Categoría:Actores de teatro da Arxentina Categoría:Actores de cinema da Arxentina Categoría:Actores de televisión da Arxentina