George Kruger Gray, nado en Londres o 25 de decembro de 1880 e finado en Chichester, West Sussex, o 2 de maio de 1943, foi un artista inglés coñecido polos seus deseños de moedas e de vidreiras.
Gray foi o autor dos deseños de numerosas moedas do Reino Unido e doutros territorios do Imperio Británico e da Commonwealth, como o Canadá, Nova Zelandia ou Australia.
Traxectoria Primeiros anos e formación George Kruger naceu o día de Nadal de 1880 no número 126 de Kensington Park Road, en Londres,"George Edward Kruger Gray CBE". En Mapping the Practice and Profession of Sculpture in Britain & Ireland 1841–1951. University of Glasgow History of Art / ATII (Sculpture.gla.ac.uk)."Designers of New Zealand Coins: Mr. George Kruger Gray". En Numismatic Journal. Royal Numismatic Society of New Zealand. Vol. 3 (33). Febreiro de 1961. Páxina 76. fillo de Edwin Charles Kruger, un comerciante de Jersey, e de Francis Hester Harris, e foi bautizado como George Edward Kruger en Kensington."Gray, George Kruger". En Who’s who 1932. A. & C. Black Ltd, Londres,1932. Páxina 1.296.
Kruger educouse na escola de nenos Merchant Taylors en Crosby. En xullo de 1893, cando tiña 12 anos sufriu un incidente na praia de Crosby no que faleceu o seu irmán maior e un amigo de ambos, todos alumnos da mesma escola, aínda que el puido ser rescatado."George Edward Kruger Gray". Findagrave.com
Logo realizou os seus estudos superiores na Escola de Arte de Bath, hoxe pertencente á Universidade de Bath Spa. Alí acadou unha bolsa de estudos para o Royal College of Art de Londres, onde se licenciou en Deseño.miniatura|576x576px|esquerda|Vidreira deseñada por George Kruger Gray. Carreira artística A partir de 1905 e ata 1943 participou en 27 edicións da Exposición da Royal Academy, especializándose en paisaxes, estudos florais e retratos. Entre outras, participou tamén na Exposición de Obras de Artistas Modernos da Sociedade de Artistas de Aberdeen (1926).
Durante a primeira guerra mundial, Kruger serviu nos Artists Rifles, unha unidade de camuflaxe dos Enxeñeiros Reais especializada en ocultar artefactos militares e fabricar obxectos simulados para confundir as forzas inimigas.
En 1918, logo do seu casamento con Frances Audrey Gordon Gray (1881-1955),"Frances Audrey Gordon Gray". Findagrave.com cambiou o seu nome polo de George Kruger Gray, engadindo o apelido da súa muller."George Kruger Gray, Designer, Painter & Medallist (1880-1943)". Collections.museumsvictoria.com.au O matrimonio tivo un fillo chamado Douglas, en outubro de 1920.
Despois da guerra, continuou a súa carreira como artista. En 1923 continuou expondo os seus traballos numismáticos na Royal Academy of Arts, o que lle proporcionou unha considerable reputación nese ámbito, e converteuse en "contratista preferente" da Royal Mint, encargándose do deseño de moedas para o Reino Unido, así como para outros territorios de soberanía británica. Habitualmente, nas moedas creadas por el engadía as súas iniciais KG ou G a modo de marca de gravador.
Malia ser máis coñecido polo deseño de moedas, tamén é moi salientable o seu labor como deseñador de vidreiras para igrexas, universidades e outras institucións. Ademais, ilustrou libros e realizou carteis, caricaturas e escudos de armas, entre outros.
Gray foi membro da Royal Society of Arts. En 1936 outorgóuselle o nomeamento de Lacaio da Asociación de Vidreiros e Pintores de Vidro, e en 1938 foi nomeado Comendador da Excelentísima Orde do Imperio Británico (CBE).
Kruger Gray finou no hospital Saint Richards de Chichester, West Sussex, o 2 de maio de 1943, e foi soterrado no cemiterio da igrexa de St Mary en Fittleworth, Chichester.
Obra
Moedas miniatura|Xilin de Nova Guinea (1935). Ambas as faces foron deseñadas por Kruger Gray."1 Shilling - George V". Numista.com George Kruger Gray foi o creador dos seguintes deseños para moedas do Reino Unido e doutros territorios do Imperio Británico e da Commonwealth:"George Kruger-Gray, Coin Designer of the British Empire". Worldofcoins.eu"George Kruger Gray". Numista.com Australia: reverso da maior parte do segundo conxunto de moedas, utilizado desde 1937 ata a decimalización en 1966, ademais dos reversos dos floríns conmemorativos de 1927 e de 1935. Canadá: reverso do centavo utilizado ente 1937 e 2012, os 5 centavos a partir de 1937 e os 50 centavos entre 1937 e 1958. Chipre: reverso das 9 piastras e das 18 piastras de 1938-1940, as 45 e as 4½ piastras de 1928, e o florín de 1947-1949. Gran Bretaña: reverso dos 3 peniques de 1927-1945, os selos 6 peniques de 1927-1948, o xilin de 1927-1936, os motivos escoceses e ingleses para o xilin de 1937-1948, o florín de 1927-1948, a media coroa de 1927-1948, a coroa de 1927-1936 (agás a do Xubileu de 1935) e a coroa de 1937. Os seus deseños para o xilin, o florín e a media coroa continuaron entre 1949 e 1952. Jersey: reverso para a moeda de 1/12 xilin (penique) e o 1/24 de xilin (medio penique) de 1927-1952. Mauricio: reverso das moedas de 1 centavo, 2 centavos, 5 centavos e 10 centavos de 1937 a 1978, e de 1/4, 1/2 e 1 rupia de 1934-1978. Nova Guinea: reverso do centavo, 3 peniques, 6 peniques e o xilin de 1936-1944. Nova Zelandia: reverso dos 3 peniques, os 6 peniques, o xilin, o florín e a media coroa de 1933-1965.Pollock, K. "Coins and banknotes". En The Encyclopedia of New Zealand (teara.govt.nz). Suráfrica: reverso do ¼ penique, o ½ penique), o penique, os 3 peniques, os 6 peniques, o xilin, o florín e a media coroa entre 1923 e 1960. Igualmente, os reversos das moedas de medio, dous e medio, cinco, dez e vinte centavos de 1961-1964. Rodesia do Sur: reverso dos 3 peniques, os 6 peniques e o xilin de 1932-1952, os 2 xilins de 1932-1954 e a media coroa de 1932-1952.
Outros miniatura|Armas reais deseñadas por Gray en 1924, usadas no reinado de Xurxo V.|260x260px
Kruger Gray foi un deseñador ben coñecido na súa época entre as súas creacións hai varios escudos de armas, entre eles o utilizado pola Universidade de Australia Occidental entre 1929 e 1963."Branding with a heraldic flourish". University of Western Australia (UWA.edu.au). Tamén se encargou do deseño da bandeira da colonia de Adén."Colony of Aden (Yemen)". Crwflags.com
Igualmente creou unha importante distinción outorgada ao Servizo Real de Patrulla Naval en forma de insignia prateada, e outras condecoracións e obxectos cerimoniais como o colar da Orde do Imperio Británico (1926), a Cruz Procesional do Arcebispado de Gales, as dúas mazas do Parlamento do Ulster (1943), o reverso do Gran Selo do Ulster, ou os selos oficiais da Unión de Suráfrica, da provincia de Nova Escocia e de Rodesia do Norte, entre outros.
En 1940, Gray deseñou a nova Medalla de Xurxo á valentía baseándose nun ex libris da Biblioteca Real do Castelo de Windsor do artista Stephen Gooden.Daily Mirror. 22 de novembro de 1940. Páxina 12.
Notas
Véxase tamén
Categoría:Nados en 1880 Categoría:Finados en 1943 Categoría:Nados en Londres Categoría:Deseñadores de moeda do Reino Unido Categoría:Deseñadores do Reino Unido Categoría:Personalidades do gravado Categoría:Orde do Imperio Británico Categoría:Alumnos da Universidade de Bath Spa Categoría:Alumnos do Royal College of Art Categoría:Personalidades sen imaxes