A lingua nanticoke é unha lingua algonquina morta falada outrora por varios pobos indíxenas que habitaban os territorios dos actuais estados de Delaware e Maryland, nos Estados Unidos.Raymond G. Gordon Jr., ed. 2005. Ethnologue: Languages of the World. 15th edition. Dallas: Summer Institute of Linguistics. A mesma lingua era falada por varias tribos veciñas, incluíndo os nanticoke, que constituían o cacicado primordial; os choptank, os assateague, e probablemente tamén os piscataway e os doeg. En 1856 foi declarada extinta coa morte de Lydia Clark."History", Nanticoke Tribe, consultado o 8 de outubro de 2009

Nanticoke moderno Coa axuda dunha falante nativa de Manitoba, Canadá, Myrelene Ranville, de solteira Henderson, quen fala unha lingua semellante, o anishinaabemowin, un grupo de persoas do pobo nanticoke en Millsboro, Delaware, reuníronse para revivir a lingua en 2007, utilizando a lista de vocabulario de Thomas Jefferson. Había "máis de 150 anos dende que tivo lugar a última conversa en manticoke". A Asociación India de Nanticoke tamén levou a cabo esforzos semellantes mediante a colaboración con lingüistas locais. En 2023, publicouse un libro para a revitalización da lingua nanticoke.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América Categoría:Revitalización de linguas nativas americanas