A lingua loup ou nipmuck é unha lingua morta, ou posiblemente un grupo de linguas, da familia algonquina que se falou na Nova Inglaterra colonial. Foi testemuñada nun caderno titulado Mots loups (traducido literalmente como "palabras de lobo"), recompilado por Jean-Claude Mathevet, un sacerdote que traballou entre os pobos algonquinos, que consta de 124 páxinas. Loup ('lobo') foi o termo etnográfico colonial francés, e o seu uso era inconsistente. Na literatura moderna, refírese a dúas variedades, loup A e loup B. A lingua do caderno Mots loups é diferente de todas as outras linguas de Nova Inglaterra, e crese que era falada polo pobo nipmuc.

Documentación miniatura|Sinal no lago Chaubunagungamaug, un nome de lugar orixinario do pobo nipmuc. Loup A, que é probablemente a lingua dos nipmuck, está principalmente testemuñada a partir dunha lista de palabras rexistrada de refuxiados na misión St. Francis dos abnaki do Quebec. Os descendentes destes refuxiados convertéronse en falantes de abnaki occidental no século XVIII. Loup B refírese a unha segunda lista de palabras, que mostra unha ampla variación dialectal. Este pode non ser unha lingua distinta, senón só notas sobre a falada de varios refuxiados algonquinos de Nova Inglaterra en misións francesas.Victor Golla, 2007. Atlas of the World's Languages Segundo Gustafson 2000, a localización xeográfica e a fonoloxía do loup descartan a asociación con calquera outra tribo agás os nipmuck.

Fonoloxía Os sons vocálicos probablemente teñan a mesma calidade fonética que outras linguas algonquinas do sur de Nova Inglaterra. As vogais curtas poden representar os sons como , , e , mentres que as vogais longas , e corresponden a , e .

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas OLAC resources in and about the Loup A language OLAC resources in and about the Loup B language Nipmuc Language.org

Categoría:Linguas algonquinas Categoría:Linguas mortas de América do Norte Categoría:Linguas dos Estados Unidos de América