Anxo Vidal Rodríguez, nado en Pontevedra en 2003 é un deportista galego que compite en kickboxing. Foi subcampión do mundo na modalidade de light contact e, subcampión de Europa de Kick light.

Traxectoria Nado en Pontevedra, comezou a practicar kickboxing aos catro anos en Arcade, no Kickboxing Club Arcade, xunto ao adestrador Lito Álvarez. Instalado coa súa familia en Melilla, estivo a piques de deixar o kickboxing, ata que unha chamada do seu adestrador Lito o convenceu para continuar. Acumulou títulos en categorías inferiores e xa en categoría absoluta acadou o número 1 do ránking mundial na modalidade de kick light e o número 3 na de light contact. En novembro de 2023 disputou o Campionato Mundial celebrado na cidade portuguesa de Albufeira, participando tanto en kick light como en light contact, en ambos casos na categoría de menos de 57 kg. Na modalidade de light contact acadou a final, onde caeu ante o búlgaro Kiril Iliev, proclamándose así subcampión mundial. En kick light conseguiu a medalla de bronce.

Campión do mundo subvinteun en savate combat, Austria.

Campión de Europa en -60 kg kickboxing Semi contact ISKA

Bronce europeo en light contact ISKA.

Bronce europeo en k1 light ISKA.

Campión na copa do mundo WAKO de Hungría, ano 2021, 2022, 2023. (Sport data)

Ouro na copa do mundo WAKO de Italia, ano 2023.

Ouro na copa do mundo WAKO de Austria, ano 2023.

Dez veces campión de España, FEKM e unha vez campión da copa de España en Kick light

Unha vez campión de España Neoprofesional 57kg OMKE, low Kick.

Notas

Categoría:Nados en 2003 Categoría:Nados en Soutomaior Categoría:Deportistas de Galicia