Meritxell Gené i Poca, nada en Lleida o 2 de novembro de 1986, é unha cantautora e poeta catalá. Licenciouse en Educación Musical pola Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de Lleida (UdL). Actualmente, tamén traballa como profesora nun colexio.

Traxectoria En 2003, Meritxell Gené formou parte da formación inicial do grupo Skalivada (despois chamado Escalivada), que combinaba música folk, ska e instrumentos tradicionais cataláns. A partir de 2006 comeza a actuar en solitario, o que deu lugar ao seu primeiro disco, "Inesperadament", gravado en 2008. No disco destaca a canción "Ciutat Llunyana", cunha letra baseada nun dos textos máis coñecidos do poeta de Lleida, Màrius Torres, e que tamén se converteu no primeiro videoclip da cantautora.

En 2008 comeza tamén a traballar como actriz e música na compañía de teatro Dimitri Ialta, no espectáculo "Pecats grans i menors". Ao ano seguinte traballou tamén como actriz e música na obra "Lo monstre", presentada pola compañía Efímer. En 2010 grava o seu segundo disco, "Sota els llençols".

En 2012 converteuse en membro fundador do colectivo La Cançó Necessària, que promove a música catalá, xunto a Pau Alabajos, Cesk Freixas, Jordi Montañez, Josep Romeu e Andreu Valor. En 2013 gravou o seu terceiro disco, "Així t'escau la melangia" ("Así che vai a melancolía"), en homenaxe ao poeta Màrius Torres. O seu cuarto disco, "Branques", publicouse en 2015. A partir de 2017 pasa a formar parte do proxecto musical Les Kol·lontai (con Ivette Nadal, Montse Castellà e Sílvia Comes), co que actúa en diferentes localidades de Cataluña e do País Valenciano. Ese mesmo ano, participa no proxecto "Mans manetes. L'Alguer: paraules, cançons i veus de minyons" cantando a canción "La verema", de Pasqual Gallo.

En 2018 publicou o seu primeiro poemario, "Després dels esbarzers", a través de Pagès Editors.

Discografía 2008: Inesperadament (Trackatrack) 2010: Sota els llençols (Tolmusic) 2013: Així t'escau la melangia (Khlämor Records) 2015: Branques (Khlämor Records) 2020: Sa tanca d'allà dins (autoeditado) 2023: No diré res de mi (Segell Microscopi)

Obra publicada 2018: Després dels esbarzers (Pagès Editors)

Notas

Categoría:Cantautores de Cataluña Categoría:Cantantes en lingua catalá Categoría:Nados en 1986 Categoría:Cantantes de España Categoría:Nados en Lleida