O pobo groenlandés ou kalaallit é un grupo étnico inuit, o meirande de Groenlandia, que vive concentrado no oeste do país. O termo kalaallit é un termo contemporáneo na lingua groenlandesa para se referir aos indíxenas de Groenlandia (en groenlandés Kalaallit Nunaat).Hessel, 8 Os kalaallit (en singular: Kalaaleq) forman parte dos pobos inuit do Ártico. A lingua falada polos groenlandeses coñécese como kalaallisut.
Nome Probablemente adaptado do nome Skræling, Kalaallit referiuse historicamente aos groenlandeses occidentais. Por outra banda, os groenlandés do norte e do leste chámanse inughuit e tunumiit, respectivamente. Ao redor do 80% ao 88% da poboación de Groenlandia, ou aproximadamente entre 44.000 e 50.000 persoas se identifican como inuit.Hessel, 20
Historia
Os kalaallit descenden dos thule, mais probablemente non dos antigos habitantes da illa, que formaron parte da cultura dorset.
Demografía Dado que o 84% da superficie de Groenlandia está cuberta por unha capa de xeo, os kalaallit viven principalmente en tres áreas: a polar, a oriental e maila occidental. Na década de 1850, algúns inuit canadenses migraron a Groenlandia, uníndose ós pobos inuit da zona polar. Pola súa banda, os inuit do leste, ou tunumiit, habitan o territorio co clima máis moderado, chamado na súa lingua Ammassalik. Os cazadores poden apresar mamíferos mariños usando caiacs durante todo o ano. A rexión nordeste xa non está poboada. Porén, en agosto de 1823 Douglas Clavering (1794-1827) coñeceu un grupo de doce inuit (mulleres, homes e nenos) que residían na illa Clavering. Así mesmo, hai restos de antigos asentamentos en diferentes puntos da zona, que se abandonaron cara á metade do século XIX.
Arte Os kalaallit desenvolveron unha importante tradición artística baseada na costura de peles de animal e na elaboración de máscaras. Tamén son coñecidas as súas figuras chamadas tupilaq, que significa "obxecto do espírito maligno". As prácticas tradicionais perduran en Ammassalik. Ademais, o marfil de cachalote continúa a ser un medio común para o entallado.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Pobos inuit Categoría:Grupos étnicos de Groenlandia