Hugo Rocha, nado no Porto en 1907 e finado na mesma cidad o 24 de febreiro de 1993, foi un xornalista e escritor portugués, autor de máis dunha decena de monografías de temática variada, desde novelas a libros de viaxes e ao espiritismo. Foi xornalista de O Comércio do Porto, do que foi director e ao que estivo ligado ata retirarse aos 74 anos.ROCHA, Hugo (1946). Jornalistas, UFP.
Traxectoria Ingresou moi novo como xornalista na redacción de O Comércio do Porto, onde permaneceu até a súa retirada. En 1933 publicou o seu primeiro libro, de crónicas africanas, titulado Bayete e un volume de poemas titulado Rapsódia Africana. Logo no ano seguinte publicou un ensaio intitulado Espiritualismo e a novela O homem que morreu no deserto.
Ao longo das décadas seguintes publicou numerosas obras, incluíndo relatos de viaxes de carácter impresionista aos Azores, á illa de Madeira, á India Portuguesa e a Galiza. Tamén publicou algunhas novelas e varias obras sobre temas esotéricosHUGO ROCHA : aspectos da sua obra e do seu pensamento . e espiritismo.
A súa obra de viaxes máis destacada é un relato dun periplo por Galiza titulado Itinerário na Galiza, obra complementada en 1961 e 1963 con dous volumes titulados Encontros da Galiza. A obra recibiu unha excelente acollida na época.Excertos de referências da Imprensa diária ao I volume de Encontros com a Galiza . Francisco Leal Insua, en El Progreso, de Lugo escribiu: En estilo directo y expressive, Hugo Rocha supo penetrar en el alma de Galicia como ningún visitante extrangero lo habia hecho hasta hoy. Ahi esta nuestra amada region, palpitante y saudosa. Con la inquietude sonante de su atlantismo en el litoral; con la serenidade de sus lejanias en el interior.
Colaborou no semanario Repórter X (1930-1935).
Bibliografía seleccionada Alén da vasta produción dispersa en xornais, Hugo Rocha é autor das seguintes obras: Bayete : crónicas africanas do Atlântico ao Índico, Porto: O Comércio do Porto, 1933 Rapsódia Africana ou Rapsódia Negra, 1933 Espiritualismo, 1934 O homem que morreu no deserto, 1934 Além-mar : comentários, ideias e aspectos, Porto: Artes e Letras, 1935 Primavera nas ilhas : crónicas dos Açores e da Madeira, Angra do Heroísmo: Livraria Editora Andrade, 1936 O Problema dos Fantasmas. Ensaio sobre certos aspectos da fenomenologia sobrenatural, Sociedade Portuense de Investigações Psíquicas, Porto, 1937 Jornalistas, Porto, 1946 Itinerário na Galiza, Porto, 1946 O enigma dos «discos voadores» ou a maior interrogação do nosso tempo, Porto: Edições AOV, 1951 Namastê : roteiro duma viagem a Goa, Agência Geral do Ultramar, Lisboa, 1953 Futebol : romance, Porto : Lello & Irmão, 1957 Outros Mundos/Outras Humanidades, 1958 Encontros da Galiza, 1961 e 1963
Notas
Categoría:Nados no Porto Categoría:Nados en 1907 Categoría:Finados en 1993 Categoría:Xornalistas de Portugal Categoría:Escritores de Portugal Categoría:Escritores en lingua portuguesa Categoría:Viaxeiros