Os xenes dispostos en tándem, abreviados coas siglas en inglés TAGs (de Tandemly arrayed genes), son un cluster de xenes creado por duplicacións en tándem, un proceso no cal se duplica un xene e a copia se encontra a carón do orixinal. Serven para codificar gran número de xenes a un tempo.
Os TAGs representan unha gran poporción dos xenes nun xenoma, chegando ao 14% e 17% nos xenomas humano, de rato e de rata. Os clusters de TAGs poden constar só de dous xenes, e predominan os clusters pequenos, pero hai casos en que constan de centos de xenes. Un bo exemplo son os clusters en tándem dos xenes que codifican o ARN ribosómico. Estes xenes transcríbense máis rapidamente do que o farían se existise unha soa copia dese xene. Ademais, un só xene de ARN pode non producir ARN dabondo para as necesidades da célula, pero as repeticións en tándem dun xene facilitan a produción de suficiente ARN. Por exemplo, as células dun embrión humano conteñen entre cinco e dez millóns de ribosomas, e o número de células duplícase cada 24 horas. Para proporcionaren os ribosomas necesarios, moitas ARN polimerases deben estar transcribindo continuamente moitos xenes de ARNr.
Nalgunhas especies, como Arabidopsis thaliana e Oryza sativa, a maioría dos TAGs son o resultado do sobrecruzamento cromosómico desigual durante a recombinación xenética.
Notas
Véxase tamén Outros artigos ADN satélite Repeticións en tándem
Bibliografía
Categoría:Secuencias de ADN repetitivas Categoría:Xenes