miniatura|360x360px|Estateros celtas de ouro procedentes do tesouro de Farmborough, coa inscrición "CORIO".

A moeda celta de Gran Bretaña abrangue a variedade de obxectos premonetais e moedas que se utilizaron aproximadamente entre o 200 a. C. e o 60 d. C. na illa de Gran Bretaña.

As primeiras manifestacións deste diñeiro consistían en diversas formas de barras de ferro. Pola súa banda, as primeiras moedas importáronse en grandes cantidades en torno ao ano 150 a. C., en tanto que as cuñaxes nacionais comezaron arredor do ano 100 a. C. A produción de moeda celta terminou en gran parte coa conquista romana de Britania, primeiro coa invasión de Claudio en 43 d. C. e despois coa derrota de Boudica en 60 ou 61 d. C. É probable que se producisen moedas fundidas durante algúns anos, en maior medida nos arredores do sitio arqueolóxico de Hengistbury Head, en Dorset, Inglaterra. A datación exacta das moedas cambia con frecuencia á luz de novas investigacións."Iron Age coinages of the south midlands". En Curteis, M. E. (2001). Páxina 23.

O uso das moedas adoita dividirse nunha área central que abrangue as rexións leste e sueste de Inglaterra, arredor de Londres, así como partes de Oxfordshire, Northamptonshire e Cambridgeshire, rodeada por unha periferia de grupos usuarios de moedas, algúns dos cales, os coritanos, os durotriges, os dobunni e os icenos, parece que mesmo puideron facer as súas propias emisións. As moedas da zona central atribúense xeralmente aos atrébates e cantiaci nas zonas ao sur do Támese, e aos trinovantes e catuvelaunos ao norte."The study area". En Curteis, M. E. (2001). Páxina 20.

O rexistro arqueolóxico pode estar distorsionado por casos de falsificación deliberada dos lugares dos achados.Burnett, A. M. (1990). "Celtic Coinage in Britain III: The Waltham St Lawrence Treasure Trove". En British Numismatic Journal. Nº 60. British Numismatic Society. Páxinas 13-28. Historicamente, esta falsificación puido ser impulsada por traballadores agrícolas que querían ocultar que colleran as moedas das terras dos seus patróns. Máis recentemente, establecéronse tamén falsas procedencias para ocultar a orixe das moedas saqueadas por detectores de metais, como é o caso do saqueo masivo do depósito de Wanborough Temple, en Surrey."Methodology". En Bean, S. C. (1994). Páxinas 22-23.Thomas, S. (2013). "Wanborough". TraffickingCulture. org. 27 de maio.

Etapa premonetal

miniatura|330x330px|Diñeiro premonetal da Gran Bretaña celta, consistente en barras de ferro con forma de espada. Ao parecer, as primeiras moedas británicas foron os lingotes de ferro, que apareceron cara ao ano 200 a. C. Acháronse lingotes de catro tipos: en forma de espada, en forma de espeto, en forma de arado e en forma de folla de loureiro. Suxeriuse a posibilidade de que cada unha destas formas gardase relación coa procedencia das barras. O peso das barras sitúase xeralmente entre 0,3 e 0,5 quilogramos.Allen, D. (1968). "Iron Currency Bars in Britain". En Proceedings of the Prehistoric Society. Nº 33. Páxinas 307-335.Cunliffe, B. (2005). Iron Age Communities in Britain: An Account of England, Scotland and Wales from the Seventh Century BC until the Roman Conquest (4ª ed.). Routledge. Páxina 495. ISBN 978-0415347792 As máis comúns son as que teñen forma de espeto, que representan a metade de todos os espécimes achados. As barras en forma de espada representan outro 40 por cento.Henderson, J. (2000). The Science and Archaeology of Materials: An Investigation of Inorganic Materials. Routledge. Páxinas 280-282. ISBN 0415199344

Nos Commentarii de Bello Gallico (“Comentarios sobre a Guerra das Galias”), de Xulio César, menciónase o que parece ser unha destas barras de ferro, mais as variacións nos textos conservados fan pensar na posibilidade de que o texto orixinal se referise realmente a aneis de ferro tamén usados como moeda. Porén, a hipótese das barras de ferro considérase a máis probable á luz das descubertas arqueolóxicas.Einzig, P. (2014). Primitive Money: In its Ethnological, Historical and Economic Aspects. Elsevier. Páxinas 234-238. ISBN 978-1483157153

Historicamente afirmouse que tamén se utilizaron a modo de diñeiro aneis de ouro, mais a mellora da datación levou a que esta afirmación se considere pouco probable.Van Arsdell, R. D. "Earliest use of money". Celtic Coinage of Britain (Vanarsdellcelticcoinageofbritain.com). O bispo e historiador escocés John Lesley, que escribía no século XVI, afirmou que en Escocia se emitira tamén moeda de coiro no século II a. C., mais non se acharon probas arqueolóxicas desta afirmación.

Moedas

Denominacións Descoñécense os nomes orixinais das moedas celtas británicas. Os investigadores modernos atribuíronlles a estas moedas diversas denominacións, xeralmente “estatero” ou “cuarto de estatero” para as moedas de ouro, un nome derivado das moedas da Antiga Grecia."Methodology". En Bean, S. C. (1994). Páxinas 17-18."Iron Age denominations ". Portable Antiquities Scheme (Finds.org.uk). Os estateros pesaban xeralmente entre 4,5 e 6,5 gramos, e os cuartos de estatero, como o seu nome indica, pesaban aproximadamente unha cuarta parte dos estateros. Coñécense tamén algunhas moedas de ouro sen unha relación de peso clara cos estateros, que adoitan recibir a denominación xenérica de “fraccións de ouro”.

Pola súa banda, as moedas de prata adoitan denominarse “estateros de prata”, “unidades”, “medias unidades” e “minims”. As unidades pesaban xeralmente entre 0,8 e 1,4 gramos e as medias unidades arredor da metade. A denominación de minims aplícase adoito para diversas moedas de prata cun peso inferior aos 0,4 gramos.

Hai tamén moedas de aliaxe de cobre, que reciben habitualmente a denominación de “estatero de cobre”, “cuarto de estatero” e “unidade”. Outras moedas de cobre non cuñadas, senón fundidas, así como os potíns, mantéñense á marxe destas denominacións.

En ocasións utilízanse denominacións máis específicas para os diversos tipos de moedas, que adoitan consistir en numeracións de catálogos, entre os que destaca o de Van Arsdell de 1989 titulado Celtic Coinage of Britain,Van Arsdell, R. (1989). que se utilizou como referencia durante décadas. Malia todo, o solapamento entre catálogos fai que en ocasións unha moeda poida ter ata sete denominacións específicas diferentes.Creighton, J. (2000). Páxinas 222-225.

Métodos de fabricación miniatura|300x300px|De arriba a abaixo: cuño dun estatero de ouro galo-belga, disco previo á cuñaxe e exemplar cuñado da devandita moeda. A maior parte das moedas celtas británicas foron cuñadas, aínda que algunhas delas tamén se produciron mediante fundición.De Jersey, P. (1996). Páxinas 10-14.

Os detalles exactos do método utilizado para a cuñaxe das moedas seguen sen estar claros. Crese que o máis probable é que o proceso tivese de catro pasos. En primeiro lugar, pesaríase unha cantidade bastante exacta —rexistráronse precisións duns poucos miligramos— de metal en forma de po ou pebida, e logo colocaríase o metal nun molde de arxila e se quentaríase para formar unha peza en bruto —acháronse espécimes destes moldes en escavacións arqueolóxicas—. En terceiro lugar, aplanaríase a peza en bruto antes de a colocar entre dous cuños, un inferior cóncavo para suxeitar a peza en bruto, e o superior convexo, e finalmente produciríase a cuñaxe. Con frecuencia, os cuños eran máis grandes que os discos para cuñar, polo que só aparecía nas moedas unha parte do seu deseño. A arqueoloxía experimental suxire que un cuño inferior podía durar ata 10.000 cuñaxes, en función do nivel de desgaste que se considerase aceptable, en tanto que os superiores parece que tiñan unha vida útil moi inferior, aínda que cun rango moi amplo, desde pouco máis de 100 cuñaxes ata case 8.000, consonte os rexistros."Methodology". En Bean, S. C. (1994). Páxinas 28-29.

No caso das moedas fundidas, utilizábase unha serie de moldes de arxila unidos entre si. Os deseños das moedas producíanse premendo sobre un debuxo na arxila ou, en casos máis sinxelos, raiando liñas directamente nela, e a continuación vertíase o metal fundido nos moldes. Logo do arrefriamento do metal, rompíanse os moldes para acceder ás moedas.

Acháronse tamén algunhas moedas da época formadas por un núcleo de metal común e un recubrimento de metal precioso, que se terían cuñado con posterioridade a este recubrimento do disco virxe. Aínda que a maioría destas moedas se atribúe a falsificacións directas, nalgúns casos parece que puideron ser cuñadas utilizando os mesmos cuños que as moedas lexítimas, polo que o seu status non está tan claro.

Moedas importadas miniatura|260x260px|Estatero británico do tipo A, baseado na serie C franco-belga, que segue a tipoloxía dos de Filipo II de Macedonia. As primeiras moedas que aparecen nos rexistros arqueolóxicos británico son moedas cartaxinesas de bronce dos séculos III ou IV a. C., aínda que parece pouco probable que se utilizasen realmente como moeda.De Jersey, P. (1996). Páxina 15. É probable que estas pezas entrasen na sociedade celta como pagamento a mercenarios de Cartago e Siracusa.Reden, S. von (2010). Money in Classical Antiquity. Cambridge University Press. Páxina 61. ISBN 9780521453370 Acháronse tamén outras moedas de finais do século III a. C. e de principios do II a. C., mais tampouco hai probas do seu uso como moeda entre os celtas británicos. En épocas moito máis recentes existiu unha ruta comercial directa de moedas gregas cara a Gran Bretaña, desde a creación da Compañía do Levante a finais do século XVI.Penhallurick, R.D (2010). Ancient and Early Medieval Coins from Cornwall & Scilly. Royal Numismatic Society. Special Publication Nº 45. Páxinas 2-3. ISBN 978-0-901405-49-4

Arredor do ano 150 a. C., comezaron a importarse a Gran Bretaña os estateros galo-belgas. Estas moedas celtas de ouro seguían deseños derivados en última instancia dos estateros emitidos por Filipo II de MacedoniaDe Jersey, P. (1996). Páxinas 15-19. —coñecidos como "filipos"— coa cabeza de Apolo coroado nos seus anversos e a imaxe dun carro tirado por dous cabalos e cun látego no reverso.De Jersey, P. (1996). Páxina 6. Os estateros galo-belgas divídense en seis series, denominadas desde a letra A ata a letra F, con subtipos como AA e AB —neste caso definidos pola dirección do busto— ."Gallo-Belgic gold coinage". En Bean, S. C. (1994). Páxina 36. Destes, os tipos do C ao F son os que máis influirían nos deseños posteriores das moedas británicas. A cuñaxe destas moedas finalizou coa conquista romana da Galia. É probable que polo menos algunhas destas moedas se chegasen a producir en Gran Bretaña no canto de seren importadas."Iron Age coinages of the south midlands". En Curteis, M. E. (2001). Páxinas 24-26. En Bredgar, Kent, achouse un cuño dotado do deseño dos estateros galo-belgas de tipo A, aínda que non está claro se se utilizou para cuñaxes oficiais ou para falsificacións.Leins, I.; Morris, E. (2014). "The die that struck Britain's first coins?". En The E-Sylum. Vol.17. Nº 16. 13 de abril.

Xunto coa serie de estateros galo-belgas atopáronse tamén en Gran Bretaña outras moedas procedentes do continente, como é o caso das moedas dos ambianos que apareceron ao longo da costa sur de West Country, posiblemente chegadas alí como resultado do comercio a través do Canal da Mancha.Penhallurick, R.D (2010). Op. cit. Páxina 4.

Pezas de potín Parece que as moedas de aliaxes de cobre fundidas de Kent —coñecidas historicamente como os “potíns de Thurrock”— foron as primeiras moedas fabricadas en Gran Bretaña. Están datados a finais do século II a. C. e parece que circularon principalmente en Kent. Estaban baseados nas moedas emitidas por Massalia —a actual Marsella, en Francia—.Haselgrove, V. (1995). "Potin coinage in Iron Age Britain, archaeology and chronology". En Gallia. Vol. 52. Páxinas 117-127.De Jersey, P. (1996). Páxina 20.Cunliffe, B. (2005). Op. cit. Páxina 133.