miniatura|Monumento ao Cid Campeador, en Burgos. Babieca foi o lendario cabalo que as fontes literarias, a partir do Cantar de mio Cid (escrito contra o ano 1200), e a tradición posterior, atribúen ao nobre castelán Rodrigo Díaz de Vivar, coñecido como O Cid Campeador, quen chegou a dominar practicamente todo o leste da península ibérica a finais do século XI.
Babieca nas fontes literarias Antes de aparecer no Cantar de mio Cid, o cabalo do Cid estaba caracterizado sen nome no Carmen Campidoctoris (composto c. 1190) como un cabalo norteafricano comprado por mil dinares, de grande axilidade e velocidade, algo especialmente valorado nos cabalos de guerra, que eran robustos, pesados e relativamente lentos.
Porén, no mesmo Cantar, Babieca é presentado como un trofeo de guerra que as posteriores prosificacións cronísticas do poemaCVR, p.235b atribúen concretamente á vitoria sobre o rei da Taifa de Sevilla,Cantar de mio Cid, vv. 1221-1235 relatada pouco antes no poema.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Escobar, Ángel e Alberto Montaner, Carmen Campidoctoris o Poema latino del Campeador, Madrid, Sociedad Estatal España Nuevo Milenio, 2001. ISBN 978-84-95486-20-2 Montaner Frutos, A., (ed. lit.), Cantar de mio Cid, Barcelona, Crítica, 2000. ISBN 84-8432-121-5.
Categoría:Cabalos famosos Categoría:O Cid