Canas ao vento () é unha novela de Grazia Deledda. Foi publicada por primeira vez entre o 12 de xaneiro e o 27 de abril de 1913 na revista L'Illustrazione Italiana; uns meses máis tarde, saíu do prelo a obra completa, na editorial Treves de Milán. Trátase do libro máis coñecido da escritora sarda, gañadora do premio Nobel de Literatura en 1926.

Foi editada en galego por Irmás Cartoné, cunha tradución de María Alonso Seisdedos.

Título O título da obra alude ao tema da fraxilidade humana e a dor da existencia. Neste sentido oriéntanse as reflexións e a fantasía do seu protagonista, unha persoa primitiva e simple, moi semellante ao "pastor errante de Asia" leopardiano ou a un dos "humildes" de Manzoni. A similitude das canas e a vida do home procede doutro texto de Deledda, Elias Portolu (1903):

Esta metáfora aparece xa na literatura anterior, especialmente nunha pasaxe do francés Blaise Pascal:

Sinopse Nunha vila de Sardeña chamada Galtelli, non lonxe da desembocadura do río Cedrino (na costa do mar Tirreno), vive unha familia nobre, os Pintor (unha parella e as súas catro fillas). O pai, don Zame, é descrito coma un home violento coma o mesmo demo, orgulloso e arrogante, moi preocupado pola honra familiar na localidade. A súa muller e as súas fillas, dedicadas ao traballo no fogar, non poden saír nunca da casa. Lia, a única filla en quebrantar esta norma, fuxe cara a península itálica, chegando a Civitavecchia. Alí, casa e ten un fillo, mais acaba finando. Desfeito polo escándalo, o pai tolea e aparece morto na entrada da vila. A dúbida sobre se se trata dunha traxedia ou un asasinato constitúe o fondo da historia, que comeza coa chegada do fillo de Lia, Giacinto, á casa dos Pintor.

Temas A novela reflexiona sobre temas como a pobreza, a honra ou a superstición. A Sardeña de comezos do século XX é descrita como unha sociedade aparentemente estática, suxeita a tradicións milenarias, mais que tamén avanza cara ao progreso tecnolóxico e industrial. A diferenza doutros escritores da súa época, Deledda presta atención ao aspecto cultural do progreso, capturando o sentido profundo e perturbador dos cambios.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Novelas en italiano Categoría:Literatura en lingua italiana Categoría:Obras literarias de 1913