Niari (tamén escrito como Niadi) é un departamento da República do Congo. Atópase na parte occidental do país e limita cos departamentos de Bouenza, Kouilou e Lékoumou. Internacionalmente, ten fronteira coa República Democrática do Congo, con Gabón e coa provincia angolana de Cabinda. A súa capital é Dolisie. En 2023 tiña 334 863 habitantes.
Divisións administrativas Trala reorganización territorial de 2012, o departamento de Niari divídese en catorce distritos e dúas comunas que non pertencen a ningún distrito:
Distritos Louvakou Kibangou Divénié Mayoko Kimongo Moutamba Banda Londéla–Kayes Makabana Mbinda Moungoundou-sud Nyanga Moungoundou-nord Yaya
Comunas Dolisie Mossendjo
Notas
Niari