Apnea é o álbum debut e o único que ten publicado o grupo musical galego Lontreira. Foi lanzado o 3 de xaneiro de 2023. Anteriormente presentouse no auditorio da Illa de Arousa o 28 de decembro de 2022 e na Fábrica de Chocolate Club de Vigo o 17 de marzo do 2023.

Conta con 14 pistas, 9 delas cancións e 5 interludios poéticos. Apnea é un álbum conceptual que segundo o grupo "trata sobre unha viaxe". Apnea está composto por diferentes temas como "Deriva", "Corazón de Toxo" ou "A Fonte" entre outros. "Corazón de toxo" foi elixida como “canción do verán” da RTVG.

Lista de cancións

Notas

Categoría:Álbums musicais de 2023 Categoría:Álbums de Lontreira