O escudo da provincia de Lugo ten a súa orixe nas armas do escudo da capital que, durante algúns anos, foi tamén o da provincia. O primeiro escudo provincial data de 1877, a maior parte dos elementos deste foron adoptados das armas da cidade pero introducíronse nel algunhas diferenzas, entre as que destacou que o brasón provincial é, dende entón, un escudo cortado.

En 1932, e a raíz da proclamación da II República, introducíronse algúns cambios no escudo, como a substitución da coroa real por outra mural ou, en 1942 a modificación novamente para engadirlle o xugo e as frechas, símbolo da Falanxe e do réxime franquista. En 1958 retiráronse estes símbolos, pero adoptouse unha segunda versión do escudo provincial no que figuraban tamén os que correspondían cos partidos xudiciais; e nos anos setenta introducíronse algunhas modificacións exteriores. En 1984 decidiuse unificar o modelo oficial das armas provinciais e, finalmente, o 3 de abril de 1986, aprobouse o modelo que se entende agora como oficial mediante un Decreto da Xunta de Galicia no que aparece descrito o escudo como:

"Un escudo cortado: 1º de azur, un cáliz de ouro, sumado da Sacra Forma de prata, radiante de ouro, e deitado de dous anxos en adoración afrontados, de prata, sobre senllas nubes do mesmo metal, 2°, de goles, unha torre donxonada dunha peza, de prata, aclarada de azur, e abeirada por dous leóns enfrontados e rampantes contra a torre, de ouro. Ao timbre, coroa real, forrada de goles ou vermello, pechada, que é un círculo de ouro, engastado de pedras preciosas, composto de oito floróns de follas de acanto, visibles cinco, interpoladas de perlas e de cada unha das súas follas saen cinco diademas sumadas de perlas que converxen nun mundo azur, co semimeridiano e o ecuador de ouro, sumado de cruz de ouro."

Outras versións

Notas

Véxase tamén Outros artigos Galería de imaxes de escudos de concellos da provincia de Lugo Escudo de Lugo Provincia de Lugo

Ligazóns externas Regulamento de Identidade Corporativa da Deputación de Lugo, BOP núm. 288, 18/12/2006 Información sobre o escudo ofrecida pola Deputación Provincial

Categoría:Provincia de Lugo Categoría:Escudos da provincia de Lugo