As retortamónadas son un pequeno grupo de flaxelados, que normalmente se atopan nos intestinos de animais como comensais, aínda que existe tamén unha especie de vida libre chamada Chilomastix cuspidata. Estaban agrupados dentro do taxon Archezoa (que actualmente xa non se usa). Miden normalmente uns 5-20 μm de longo, e todas as súas secuencias dos xenes dos ARNr das subunidades ribosómicas menores son moi similares entre si. Existen dous xéneros: Retortamonas, con dous flaxelos, e Chilomastix, con catro. En ambos os casos teñen catro corpos basais, en posición anterior a un prominente suco de alimentación, e un flaxelo está dirixido cara atrás a través da célula, xurdindo do suco.
As retortamónadas carecen de mitocondrias, aparato de Golgi e peroxisomas. Son parentes próximos das diplomónadas, e están situadas dentro das metamónadas xunto con elas. Xeralmente se lles asigna a orde Retortamonadida. Debido ás abundantes semellanzas filoxenéticas entre estes dous tipos de flaxelados, dado que as diplomónadas non carecen ancestralmente de mitocondrias, isto suxire que as retortamónadas son tamén amitocondriadas secundariamente.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Categoría:Flaxelados Categoría:Metamónadas