Simón Casal, nado na Coruña en 1984, é un cineasta galego.
Traxectoria Na súa carreira profesional traballou como guionista, director e produtor. En 2016 realizou a súa primeira longametraxe como director, Lobos sucios, unha historia ambientada nas minas de volframio en Galicia durante a segunda guerra mundial.
Tamén traballou no campo do documental en pezas como The Gourougou Trial, no que aborda a historia dun xuízo internacional no Tribunal de Estrasburgo que enfrontou dous migrantes africanos e ao Estado español, e no que se dirimía a legalidade das devolucións en quente en Melilla, que continúan producíndose a día de hoxe. En 2024 dirixiu Xustiza artificial, sobre a posibilidade de que se implementen tecnoloxías de intelixencia artificial na administración de xustiza.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina web ,
Categoría:Nados en 1984 Categoría:Personalidades do cinema de Galicia Categoría:Nados na Coruña