Tesouro de Bredgar291x291px O tesouro de Bredgar exposto no Museo Británico.· Período ou culuta: Imperio Romano. · Data do depósito: 43 a.C.
· Lugar do achado: Bedgar, Kent, Inglaterra
· Descubridor: Bryan Hollands.
· Data do achado: 1957.
· Composición: 34 áureos romanos.
· Materiais: ouro.
· Conservación: Museo Británico.
O tesouro de Bredgar é un conxunto de moedas da Antiga Roma de ouro achado en Bredgar, condado de Kent, en 1957.
As moedas expóñense no Museo Británico, en Londres."Coin: 1957,1010.31". British Museum.
Contido e interpretación O tesouro foi descuberto por Bryan Hollands, que estaba a escavar os alicerces do seu bungalow en Gore Road, Bredgar, no condado de Kent."HER Number: TQ 86 SE 18. Monument details". Kent County Council (Webapps.kent.gov.uk).
O conxunto componse de 34 áureos, os derradeiros dos cales foron datados entre os anos 41 e 42 d.C. Deles, un foi emitido a nome de Xulio César, doce a nome de Augusto, dezasete a nome de Tiberio, un a nome de Druso o Vello e tres a nome de Claudio.Carson, R. A. G. (1957).
As moedas foron soterradas arredor do ano 43 d.C., o mesmo ano da invasión romana de Gran Bretaña."Hoards and hoarding". Current Archaeology. 1 de outubro de 2010. É probable que representasen os aforros dun oficial romano que morreu na batalla do Medway.Hunter, C.( 2020). "Tales of trash and treasure on the never-ending quest of Kent metal detectorist". KentOnline.co.uk. 30 de novembro.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Carson, R. A. G. (1957). "The Bredgar Treasure of Roman Coins". En The Numismatic Chronicle. Nº 9. Royal Numismatic Society. Páxina 17-22.
Outros artigos Tesouro Moeda da Antiga Roma
Categoría:Tesouros monetarios Categoría:Arqueoloxía no Reino Unido Categoría:Moedas de ouro Categoría:Tesouros romanos