O breakdance é un deporte que forma parte do programa olímpico oficial dende a edición de 2024. Componse de dous eventos de medalla, un masculino e outro feminino, cun total de 16 competidores. O breakdance foi anteriormente deporte de competición nos Xogos Olímpicos da Xuventude de 2018. O Presidente do COI Thomas Bach afirmou que engadiron o breakdance como parte do programa nun esforzo por atraer o interese dos mozos nos Xogos Olímpicos. O organismo internacional organizador é a Federación Mundial de Danza Deportiva.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Breakdance nos Xogos Olímpicos de 2024 Ligazóns externas Resultados do breakdance