Keir Rodney Starmer, nado o 2 de setembro de 1962 en Southwark, un borough de Londres, é un político e avogado (barrister) británico. Desde o 5 de xullo de 2024 é o Primeiro ministro do Reino Unido.

Traxectoria Primeiros anos Naceu en 1962, fillo dunha enfermeira e dun fabricante de ferramentas. Estudou na Reigate Grammar School, onde era coñecido do músico Fatboy Slim. Máis tarde estudou Dereito na Universidade de Leeds e en Saint Edmund Hall, na Universidade de Oxford.

Carreira e cargos Comezou a súa carreira como avogado en 1987, e acabou especializándose na área dos dereitos humanos. En 2002 foi nomeado conselleiro da raíña Isabel II. Foi Director de Procesos Públicos e Xefe do Servizo de Promotoria da Coroa de 2008 a 2013.

Starmer foi o Secretario de Estado na Sombra para os asuntos vinculados á saída do Reino Unido da Unión Europea no gabinete na sombra de Jeremy Corbyn.

En xaneiro de 2020, Starmer anunciou a súa candidatura para líder laborista na elección de 2020. O 4 de abril de 2020, Starmer foi elixido líder do Partido Laborista e, como o PL tiña o segundo maior número de escanos na Cámara dos Comúns, isto fíxoo Líder da Oposición. Director da Fiscalía entre 2008 e 2013, foi elixido para a Cámara dos Comúns nas eleccións xerais do Reino Unido de 2015 como candidato do Partido Laborista na circunscrición de Holborn e St Pancras.

Cargos electos Foi electo o 58º Primeiro Ministro do Reino Unido desde xullo de 2024 e é o 19º líder do Partido Laborista desde 2020 elixido con máis do 56% dos votos na primeira rolda usando o método de voto único transferible (STV), tras derrotar a Rebecca Long-Bailey, considerada a candidata continuacionista de Corbyn. Tamén foi o 35º Líder da Oposición británica de 2020 a 2024. Desde 2015, é o Membro do Parlamento (MP) por Holborn e St Pancras, un distrito electoral do Reino Unido no centro de Londres. Starmer foi reelixido como MP da circunscrición nas eleccións xerais de 2017 e 2019.

Vida persoal Starmer é ateo, pero dixo que "cre na fe" e no seu poder para unir ás persoas. A súa muller, Victoria Alexander, traballadora do Servizo Nacional de Saúde británico (NHS) é xudía, e os seus dous fillos son criados na fe xudía.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Laborismo Eleccións xerais do Reino Unido de 2024

Ligazóns externas CPS

Categoría:Alumnos da Universidade de Leeds Categoría:Primeiros ministros do Reino Unido Categoría:Políticos do Reino Unido Categoría:Alumnos da Universidade de Oxford