Anne Poirier, nada o 31 de marzo de 1942 en Marsella) e Patrick Poirier, nado 5 de maio de 1942 en Nantes, son unha parella de artistas franceses.

Traxectoria e traballo artístico Anne e Patrick Poirier estudaron na École Nationale Supérieure des Arts Décoratifs de París de 1963 a 1966. Despois de gañar o Prix de Rome, viviron na Villa Medici de Roma de 1969 a 1971 como bolseiros da Académie de France en Roma.

A estadía de ambos en Roma, onde presenciaron de primeira man as obras arqueolóxicas da Antigüidade, unha viaxe a Angkor no ano 1970, así como as experiencias da súa infancia na Francia destruída pola guerra, foron determinantes para a súa creación artística; O tema central das obras creadas polos Poirier é a memoria cultural, pero tamén o esquecemento. Consideran que a súa arte está próxima á arqueoloxía:Citado en Helmut Friedel (ed.) e Petra Giloy-Hirtz na Guía de Arte para Múnic en Espazos Públicos 1972-1979 "Wegweiser Kunst für München im öffentlichen Raum 1972-1979". Hugendubel, Múnic, 1997 ISBN 3-88034-957-6, Páx. 151

Moitas das obras dos Poirier conteñen citas e escenografías da Antigüidade, que a parella de artistas organiza en novos contextos de significado: columnas tronzadas e rotas ou zonas oculares sobredimensionadas do "David" de Michelangelo. Iso fai que Anne e Patrick Poirier sexan considerados parte da corrente de "aseguramento de rastros" (tal como nas técnicas forenses de reconstrución).Günter Metken: Spurensicherung: Kunst als Anthropologie und Selbsterforschung. DuMont Reiseverlag, Ostfildern 1982, ISBN 3-7701-0954-6 (en alemán) miniatura| "Depósito da memoria e do esquecemento", 1992; Museo Ludwig, Koblenz

Obras (selección) miniatura| Fonte da Medusa en Henriettenplatz en Berlín-Halensee, distrito de Charlottenburg-Wilmersdorf. 1987 miniatura|Folie de Pontevedra, vista de conxunto.

Ostia antica. 1971–1972 Domus aurea. 1975–1977 La grande colonne noire du Suchères. 1984–1985 "Gorgobrunnen Medusa“, 1987 Oculus historiae, oculus memoriae, oculus oblivionis. 1989–1990 Mnemosyne. 1990–1991 De la Fragilité du Pouvoir. 1989–1992 Dépot de mémoire et d'oubli. 1992. Museum Ludwig Koblenz miniatura|Unhas das estancias de Folie de Pontevedra, no Parque da illa das Esculturas.Folie de Pontevedra. Hortus conclusus na illa das Esculturas. 1999 Danger zone. 2001 War game. 2002 Memoria Mundi. 2002, Kunstweg MenschenSpuren, Neandertal

Exposicións (selección)

Galerie Maenz Colonia, 1972 Biennale de París, 1973 Kunstverein en Hamburgo, 1974 Bienal de Venecia, 1976, 1980, 1984 Documenta 6 Kassel, 1977 Musée National d'Art Moderne de París, 1978 Galería Municipal da Lenbachhaus de Múnic, 1988 Museo de Arte Moderna de Viena, 1994 Centro de Arte Contemporáneo Linz, 2002 Anne & Patrick Poirier . kunstaspekte.de, abgerufen am 5. Februar 2010 Waldfrieden Sculpture Park, Wuppertal, do 29 de outubro de 2016 ao 8 de xaneiro de 2017Breve descrición do sitio web do Waldfrieden Sculpture Park, consultada o 17 de setembro de 2016 (en alemán)

Véxase tamén

Bibliografía Aleida Assmann: Erinnerungsräume. Formen und Wandlungen des kulturellen Gedächtnisses. C. H. Beck, München 1999, ISBN 3-406-50961-4. Jan Assmann: Krypta – Bewahrte und verdrängte Vergangenheit. Künstlerische und wissenschaftliche Explorationen des kulturellen Gedächtnisses. In: Bernhard Jussen (Hrsg.): Archäologie zwischen Imagination und Wissenschaft: Anne und Patrick Poirier. Wallstein, Göttingen 1999, ISBN 3-89244-347-5. Helmut Friedel (Hrsg.) und Petra Giloy-Hirtz: Wegweiser Kunst für München im öffentlichen Raum 1972–1979. Hugendubel, München 1997, ISBN 3-88034-957-6. Doris Angermann: Ensemble „Oculus historiae“. In: Steffi Roettgen (Hrsg.): Skulptur und Plastik auf Münchens Straßen und Plätzen. Kunst im öffentlichen Raum 1945–1999. IDEA-Verlag, Puchheim 2000, ISBN 3-88793-150-5.

Ligazóns externas

Poirier, Anne e Patrick: Occhio Piangente. Museumsverband Schleswig-Holstein

Categoría:Escultores de Francia Categoría:Arte de Francia