miniatura|Calo doloroso no dedo maimiño e verruga profunda e moi dolorosa na planta. A hiperqueratose, vulgarmente denominada como calo ou talo, é unha zona da pel na que se produce unha acumulación de queratina correspondente á compactación de células mortas inertes da epiderme en resposta a un estímulo que pode ser, xeralmente, o rozamento ou a fricción excesiva. Os calos son máis comúns na zona do pé ou da man, dependendo da actividade ou factor polo cal xurda o callo.

Fisiopatoloxía É un mecanismo de defensa da pel, que nos pés adoita asociarse a patróns anómalos de marcha e funcionamento do pé, os cales provocan que determinadas zonas do pé se vexan sometidas a sobrecarga, sendo a resposta da pel a formación de hiperqueratose.

Noutros casos están relacionadas co rozamento excesivo do calzado (sobre todo nas zonas dorsais do pé) ou coa presión das estruturas óseas sobre a pel que as separa (como ocorre cos helomas ou hiperqueratoses interdixitais).

É frecuente tamén apreciar hiperqueratose nas mans de persoas que realizan traballos con elas.

Tratamento Os calos nos pés son un sinal de sobrecarga que debe ser valorado polo podólogo. O tratamento convencional para eliminar os calos é a quiropodia ou eliminación mediante bisturí. Unha vez retirada a hiperqueratose, a pel queda completamente sa, mais o factor etiolóxico, que é o funcionamento anormal do pé, segue estando presente, polo que o problema volve aparecer pasado un tempo. Por esta razón o tratamento debe encamiñarse non só a eliminar manualmente estas durezas, senón a buscar o mecanismo etiolóxico que as orixina e compensalo, xeralmente mediante uns soportes confeccionados a medida.

Notas

Véxase tamén

Outros artigos Hiperqueratose

Categoría:Signos clínicos Categoría:Termos médicos Categoría:Podoloxía Categoría:Doenzas da pel