miniatura|dereita|350px|Sala capitular ou "das palmeiras" do Mosteiro de Santa María de Oseira, o cumio da arquitectura monacal galega Esta é unha lista dos mosteiros e conventos de Galicia divididos en provincias.
Para o uso desta lista é necesario facer algunhas precisións: Nome: recóllese o nome oficial que tivo o edificio cando cumpría coa súa función monacal, o que non significa que na actualidade conserve ese nome. De feito, en máis dun caso a ligazón envía a páxinas que se titulan de xeito distinto, respectando o nome actual do edificio. Fundación: data, o máis aproximada posible, da primeira fundación, deixando ben sabido que moitos cenobios, sobre todo os máis antigos, cambiaron de orde titular, de status, foron abandonados e de novo ocupados etc. Estilo: case tódolos mosteiros e conventos, sobre todo os de historia máis longa e de economía máis próspera, pasaron por transformacións e ampliacións, en distintas épocas e con distintos estilos. Na táboa consígnase o estilo ou estilos dominantes na construción tal como se conserva na actualidade. A maior parte dos casos en que se dá como estilo o románico, fálase de edificios románicos con engadidos ou transformacións posteriores.
Mapa xeral dos mosteiros máis relevantes
A Coruña
Os principais focos de atracción do monacato na provincia foron a capitalidade relixiosa de Santiago de Compostela e tanto a comarca de Betanzos como do Eume. Tamén chama a atención a relativa densidade de mosteiros na Costa da Morte.
Lugo
Tres zonas destacan neste mapa: A Mariña, herdeira da vella diocese de Britonia; os mosteiros do Camiño; e, por enriba de todas, a Ribeira Sacra. Pola contra, chama a atención a ausencia de conventos na Terra Chá.
Ourense
En Ourense, os mosteiros concéntrase na zona da ribeira do Sil, que mereceu o nome da Ribeira Sacra ou da Tebaida galega, na Comarca do Ribeiro e nas terras de Celanova.
Pontevedra
Pontevedra é a provincia con menor densidade de mosteiros de toda Galicia. É un monacato urbano onde destaca a concentración de mosteiros arredor das dúas cidades historicamente máis importantes: Pontevedra e Tui. Tamén destaca a forte presenza monacal na Comarca do Salnés, o que lembra a histórica relación entre os monxes bieitos e o cultivo do Albariño.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Mosteiros e Conventos de Galicia (Universidade da Coruña). : "El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media (La Coruña y Pontevedra)", en Nalgures n.º 1. Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, 2004. : "El Monacato Femenino Gallego en la Alta Edad Media (Lugo y Orense)", en Nalgures n.º 2. Asociación Cultural de Estudios Históricos de Galicia, 2005. : Mosteiros de Galicia na Idade Media. (2008). Deputación Provincial de Ourense. ISBN 978-84-96503-82-3 .
Ligazóns externas Románico de Lemos. Arte románica no país de Lemos, no sur lucense blog
Categoría:Listas de arte e cultura