Antonio Gómez Requejo, nado en Ourense o 14 de decembro de 1870 e finado en Madrid en febreiro de 1965, foi un mestre e xornalista galego.

Traxectoria Fillo do encadernador de Ourense Eduardo Gómez e Dominga Requejo de Mirayo. Foi mestre en Becerreá dende 1897 e foi elixido presidente da comisión promotora da asociación de mestres de Becerreá en 1900.La Idea Moderna, 15-9-1900, p. 2. Despois pasou a Láncara, e dende 1910 de Sarria.La Región, 8-3-1910, p. 3. Foi presidente da asociación de mestres da provincia de Lugo e fundou e dirixiu o periódico profesional La Unión del Magisterio. Trasladouse a Madrid en 1930, e foi mestre do Grupo escolar Concepción Arenal.La Voz de la Verdad, 9-9-1930, p. 4. Finou en Madrid en febreiro de 1965.El Pueblo Gallego, 28-2-1965, p. 12.

Vida persoal Casou en Ourense con Pilar Amparo Rodríguez Iglesias en 1894,La Tierra Gallega, 2-9-1894, p. 5. e foi pai de Maria de la Epifanía, María Gloría, Eduardo Antonio, María Raquel, José e María del Carmen Gómez Rodríguez.

Notas

Véxase tamén Bibliografía

Categoría:Profesores de Galicia Categoría:Xornalistas de Ourense Categoría:Nados en Ourense Categoría:Nados en 1870 Categoría:Finados en 1965