miniatura|361x361px|De esquerda a dereita (en negras, os catro xenerais membros do Cuadrilátero): o xeneral Primo de Rivera, o rei Afonso XIII, e o xeneral José Cavalcanti, en primeira fila; o xeneral Antonio Mayandía Gómez, o xeneral Federico Berenguer e o xeneral Leopoldo Saro Marín, en segunda fila; o xeneral Antonio Dabán Vallejo, o xeneral Francisco Ruiz do Portal e o xeneral Luís Navarro e Alonso de Celada, en terceira fila; o xeneral Luís Fermosa e Kith, o xeneral Dalmio Rodríguez Pedré, o xeneral Adolfo Vallespinosa Vior, o xeneral Francisco Gómez-Jordana Sousa, e o xeneral Mario Muslera Planes, na derradeira fila. Coñécese co nome de Cuadrilátero ao núcleo de conspiración formado por catro xenerais do exército español que nos primeiros meses de 1923 colaborou no golpe de estado de Primo de Rivera que puxo fin ao período constitucional do reinado de Afonso XIII e estableceu a ditadura de Primo de Rivera en España. Os catro xenerais que o integraron foron: José Cavalcanti de Alburquerque (xeneral de división de cabalaría), Federico Berenguer Fusté, Leopoldo Saro Marín e Antonio Dabán Vallejo (xenerais de brigada de infantería), todos monárquicos.
Historia Contexto
A comezos de 1923, a indignación dun importante sector do exército cara ao goberno liberal de Manuel García Prieto foi evidente debido á demanda de responsabilidades aos militares polo desastre de Annual de 1921, que se estaban investigando no chamado Expediente Picasso e, en xeral, pola súa política "claudicante" sobre o Protectorado Español de Marrocos.
Creación Nese contexto, o xeneral José Cavalcanti de Alburquerque, organizou un faladoiro na súa casa en Madrid con outros tres xenerais, entre os que estaba o irmán do xeneral Dámaso Berenguer, alto comisario español en Marrocos cando se producira o desastre de Annual e que, polo tanto era un dos investigados. Ademais do xeneral Cavalcanti e o xeneral Federico Berenguer, os xenerais Leopoldo Saro Marín e Antonio Dabán Vallejo formaron parte do grupo. A reunión pronto deu lugar a un núcleo de conspiración, que sería coñecido como o Cuadrilátero quen tiña como obxectivo muda-la política do goberno en Marrocos mediante a formación dun goberno civil ou militar que, co apoio do rei, designaría un xeneral "enérxico" á cabeza do protectorado. Porén, non atoparon demasiados apoio entre os seus compañeiros de armas que, aínda que eran hostís para o goberno, non estaban dispostos a comprometerse cunha conspiración para derrubalo.
A trama Os xenerais do Cuadrilátero pensaron que a única solución que tiñan era convencer a un prestixioso xeneral no exército para liderar o movemento e que o rei o nomease presidente do goberno. Non obstante, Primo de Rivera non fora o primeiro candidato. Antes, pensárase en Valeriano Weyler, de 85 anos, por ser o xeneral de graduación máis alta e de maior antigüidade mais, finalmente, os conspiradores non se atreveron a contactalo por mor da súa idade e da súa coñecida independencia. A seguir, no xerarquía, estaba o xeneral Francisco Aguilera Egea, presidente do Consello Supremo de Guerra e Mariña e senador vitalicio, quen si foi sondado polo Cuadrilátero, malia estar a favor da investigación sobre responsabilidades dos xenerais e xefes militares polo desastre de Annual. Mais tamén, Aguilera quedou descartado tras recibir uns lapotes, o 30 de xuño, nos salóns do Senado do ministro José Sánchez Guerra, ao acusalo de mentir sobre un presunto atraso na entrega da documentación sobre Dámaso Berenguer para solicitar o suplicatorio do Senado paro podelo procesar. Sobre o feito, Cardona escribiu:
Os preparativos do golpe de 1923 miniatura|Real decreto no que El-Rei Afonso XIII, o 16 de decembro de 1923, nomea Xefe de Goberno ao Tenente xeneral D. Miguel Primo de Rivera y Orbaneja, Marqués de Estella. O Cuadrilátero pronto atopou o substituto de Aguilera: o capitán xeneral de Cataluña, Miguel Primo de Rivera, quen estaba en Madrid chamado polo goberno para afastalo de Cataluña onde estaba a desenvolver unha política oposta á de García Prieto, e que mantivo unha entrevista con eles. Non obstante, a acusación, a principios de xullo, contra do xeneral Cavalcanti pola súa actuación en Marrocos foi un grave contratempo para os plans dos conxurados, así como o nomeamento como novo gobernador civil de Barcelona de Manuel Portela Valladares, quen restableceu a autoridade do poder civil na capital catalá.
Entre o 4 e o 9 de setembro de 1923, Primo de Rivera viaxou a Madrid onde se reuniu de novo cos xenerais do Cuadrilátero, na casa de Cavalcanti, onde o recoñeceron como xefe da conspiración. Ao retornar da súa viaxe a Madrid, Primo de Rivera parou en Zaragoza para se reunir co do xeneral Sanjurjo, quen lle outorgou o seu apoio a un golpe. Tamén contou co apoio dos xenerais con mando en Cataluña mais fóra da súa capitanía xeral, coa excepción de Sanjurjo en Zaragoza e os xenerais do Cuadrilátero en Madrid, non conseguira o apoio de ningún outro xeneral para se comprometer co golpe, aínda que moitos mostraran o seu acordo coa idea de establecer un réxime militar.
O 12 de setembro aceleráronse os preparativos. En Barcelona, ás 9.30 da mañá, reuníronse con Primo de Rivera na Capitanía, os xenerais e xefes comprometidos co golpe. En Zaragoza, trala chegada do comandante José Cruz-Conde Fustegueras, quen era o enlace dos conspiradores co gobernador militar, o xeneral Sanjurjo, faciltou que se avanzaran os plans fronte a pasividade do capitán xeneral. En Madrid, os xenerais do Cuadrilátero conseguiron o apoio do propio gobernador militar, o xeneral Juan O'Donnell, duque de Tetuán, pero non o do capitán xeneral Muñoz Cobos, aínda que tampouco actuou en defensa do goberno.
O golpe O xeneral Primo de Rivera lanzou o golpe de estado na medianoite do 12 ao 13 de setembro, que triunfou en Cataluña, Zaragoza e Huesca. Unha das poucas medidas firmes tomadas polo goberno de García Prieto foi ordenar ao capitán xeral de Madrid, o xeneral Muñoz Cobos, que arrestase os catro xenerais do Cuadrilátero, mais este se negou se a orde non estaba asinada polo rei. Como sinalou Ben-Ami, "en realidade, para todos os propósitos prácticos, Muñoz Cobos actuou como se fose membro da conspiración. Sentíase reticente, dixo, loitar contra os pronunciados por medo a dividir o exército e provocar outro Alcolea ".
Co triunfo final do golpe de Primo de Rivera cando, o 14 de setembro de 1923, o rei Afonso XIII nomeou a este xefe de goberno e marchou cara a Madrid. Porén, segundo ía chegando, mudou a idea de aceptar a presidencia dun goberno de civís, tutelado por militares (o plan inicial do Cuadrilátero), para crear un Directorio general inspector. Na reunión co rei o día 15, no Palacio Real, tralas deliberacións entre os dous, se decidiu que Primo de Rivera tería que xurar o cargo como presidente e ministro universal dun Directorio militar perante o ministro de Xustiza cesado, Antonio López Muñoz, para atende-lo requisito constitucional e non involucrar á monarquía. No Real decreto asinado polo rei esa tarde, suprímese o poder executivo que recae en Primo de Rivera e, pouco despois, con outro decreto disólvense o Congreso e o Senado.
Finalmente, os xenerais do Cuadrilátero non formaron parte do Directorio militar que asumiu o poder baixo a presidencia de Primo de Rivera mais si apareceron, os catro, na foto que se fixeron os membros do Directorio co rei e con Primo de Rivera o 15 ou o 16 de setembro de 1923.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Ditadura de Primo de Rivera Categoría:Golpes de Estado