El caso Asunta é unha miniserie de thriller policial de 2024 creada por Ramón Campos, Gema R. Neira, Jon de la Cuesta e David Orea Arribas, baseada no asasinato de Asunta Basterra. Está protagonizada por Candela Peña e Tristán Ulloa e estreouse en Netflix o 26 de abril de 2024.

Argumento A trama segue a investigación sobre o caso Asunta Basterra despois de que os pais de Asunta, Rosario Porto e Alfonso Basterra, denunciasen a súa desaparición o 21 de setembro de 2013 e posteriormente o seu cadáver fose atopado nunha estrada próxima a Santiago de Compostela.

Elenco

Episodios

N.º(serie) Título Director(es) Guionista(s) Data de estrea

Produción En maio de 2017 Antena 3 emitiu a serie documental Lo que la verdad esconde: El caso Asunta, de Bambú Producciones. O 17 de maio de 2023 anunciouse que a produtora volvería producir un proxecto sobre o caso, esta vez en forma de serie de ficción, para Netflix, titulado El caso Asunta, con Candela Peña e Tristán Ulloa como os actores protagonistas. Pouco despois, Netflix anunciou que Javier Gutiérrez e Alicia Borrachero tamén participarían no proxecto. Candela Peña fora chamada para facer o papel de axente, pero pediu realizar unha proba como Rosario Porto e conseguiu convencer os produtores.

A rodaxe da serie comezou a finais de xuño de 2023 en Santiago de Compostela, onde ocorreron os eventos, e rematou a principios de novembro dese ano. Moitos técnicos do equipo de produción eran galegos e traballaran xa en Fariña. O equipo de produción negouse a rodar no propio apartamento de Asunta ou na casa de campo onde a asasinaran.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Caso Asunta Basterra

Categoría:Series de televisión en lingua castelá Categoría:Series de televisión en lingua galega Categoría:Series de televisión de España Categoría:Series de televisión iniciadas en 2024 Categoría:Series de televisión de Netflix Categoría:Series de televisión ambientadas na década de 2010