A AC-934 (na provincia da Coruña), é unha estrada da Rede Primaria Complementaria da Xunta de Galicia que une as localidades do Marco das Pías (Sobrado) e As Corredoiras (Boimorto); atravesa os concellos de Sobrado e Boimorto. Ten unha lonxitude de 17,91 quilómetros e iníciase nun cruzamento coa LU-934 no Marco das Pías (Sobrado) co límite provincial da Coruña e Lugo e finaliza nun cruzamento coa AC-840 nas Corredoiras (Boimorto).

Notas

Categoría:Estradas da rede primaria complementaria de Galicia na provincia da Coruña Categoría:Sobrado Categoría:Boimorto