María Amaia Martínez Grisaleña, nada en Vitoria, Áraba o 6 de novembro de 1968, é unha xornalista e política española, membro do Parlamento Vasco dende 2020 polo partido político Vox, formación pola que foi candidata a lehendakari en 2020 e en 2024.
Traxectoria Estudou xornalismo e profesionalmente rexentou unha armería xunto ao seu marido antes da súa elección como deputada. Aínda que fala éuscaro, manifestouse en contra do que cualifica como discriminación lingüística no País Vasco contra a lingua castelá.
Nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2020 foi cabeza de lista da candidatura de Vox por Áraba. O seu foi o único escano que Vox logrou nesas eleccións. O mesmo ocorreu nas eleccións ao Parlamento Vasco de 2024, sendo ela a única deputada electa do partido.
Notas
Categoría:Nados en 1968 Categoría:Nados en Vitoria Categoría:Políticos de Vox Categoría:Alumnos da Universidade do País Vasco Categoría:Xornalistas do País Vasco