Damão e Diu ou Daman e Diu era un territorio da Unión da India, xunto ao estado de Gujarat.

Durante 450 anos estes enclaves situados na costa do mar Arábigo formaron parte do Estado portugués da India, xunto con Goa, Dadrá e Nagar-Aveli. Goa, Damão e Diu foron ocupadas pola Unión India o 19 de decembro de 1961; con todo Portugal non recoñeceu a ocupación até 1974, após a Revolución dos Caraveis. Goa, Daman e Diu convertéronse nun Territorio da Unión até 1987, cando Goa se converteu nun Estado por dereito propio dentro da India, sendo Daman e Diu un territorio da Unión separado administrativamente. En 2020 fusionouse cos territorios de Dadrá e Nagar Aveli.

O gujarati era a lingua maioritaria no territorio. Antes da fusión, o uso do portugués estaba en descenso xa que non se ensinaba nas escolas, aínda que aínda o falaba o 10% dos habitantes de Daman. Porén, había criollos portugueses en Daman (coñecido como a lingua da casa) e Diu (a lingua dos velhos); con todo, este último foise extinguindo rapidamente debido á presión de Gujarat.

Historia

Fusión O 26 de xaneiro de 2020, Daman e Diu fusionáronse co territorio da Unión de Dadrá e Nagar Aveli para formar a nova subdivisión de Dadrá e Nagar Aveli e Daman e Diu.

Notas

Véxase tamén

Goa, Damão e Diu Subdivisións da India

Categoría:Historia da India Categoría:Colonias portuguesas Categoría:Historia contemporánea de Portugal