Arxemundo, orixinalmente Argimundus, foi dux e famuli, membro do cubiculum de Recaredo, rei do Reino visigodo e fillo de Leovixildo. A orixe do seu nome suevo fai moi probable que fose da alta nobreza do Reino suevo, inda que existen moitas teorías sobre a súa procedencia.

Traxectoria Aparece descrito por Xoán Biclarense coma un insurrecto do rei, organizando unha revolta no 589. A revolta, inda que de grande magnitude, foi sufocada polo exército de Recaredo, cuxo triunfo foi representado nas moedas visigodas da época coa lenda "VITOR / VITORIA". Arxemundo foi levado a Toledo, onde foi obxecto de tortura e onde lle foi cortada a man dereita, incapacitandoo para a potestade rexia. Despois, Recaredo fixo que fose paseado pola cidade de Toledo enriba dun burro para dar exemplo aos demais famuli. Estes famuli eran os membros da clase dirixente, a que Arxemundo tamén pertencía.

Non está claro se o seu obxectivo era reintroducir arianismo​ que fora prohibido no reino polo III Concilio de Toledo o ano anterior, ou se a conspiración foi froito da propia ambición de Arxemundo.

Notas

Categoría:Duques Categoría:Reino Visigodo