O KeuPa HT Naiset ou simplemente KeuPa Naiset é un equipo feminino de hóckey sobre xeo da localidade de Keuruu (Finlandia). O equipo foi fundado en 2023 e na tempada do seu debut conseguiu o ascenso dende a terceira categoría á Naisten Mestis logo de gañar todos os partidos do seu grupo (20) cun rexistro de 215 goles a favor e tan só 20 en contra, e finalizar a liga de promoción na segunda posición por detrás do PaRa (que xa disputara a Mestis esa tempada) cun rexistro de dúas vitorias e unha derrota, e con cinco goles anotados fronte a seis encaixados.
Pavillón Durante a súa primeira tempada o KeuPa HT Naiset xogou os seus partidos como local no Peurungan jäähalli de Laukaa, un pavillón cunha pista de 26 x 56 metros e con capacidade para 350 persoas nas súas bancadas.
Personalidades Xogadoras Capitás A primeira capitá do equipo foi Iidaliina Janatuinen durante a tempada 2023-24 da Naisten Suomi-sarja.
Capitás do KeuPa HT Naiset Nome(s) Período– Iidaliina Janatuinen 2023-
Adestradoras Na primeira tempada do equipo Lauri Saari foi o encargado de dirixilo.
Adestradores do KeuPa HT Naiset Nome(s) Período Lauri Saari 2023-
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Sitio web oficial
Categoría:Equipos femininos de hóckey sobre xeo de Finlandia