Prosthecobacter é un xénero de bacterias do filo Verrucomicrobiota que presenta unha característica moi distintiva; posúe xenes similares aos da tubulina. As proteínas tubulinas son compoñentes dos microtúbulos, que nunca foran observadas antes en bacterias Gracilicutes.

Durante moito tempo pensouse que a tubulina era específica de eucariotas. Porén, máis recentemente, viuse que varias proteínas procariotas estaban relacionadas coa tubulina.

A maioría das bacterias teñen unha proteína homóloga chamada FtsZ. As Prosthecobacter son a excepción a isto porque conteñen xenes que teñen unha maior homoloxía de secuencia coa tubulina eucariota que coa FtsZ.

Estes xenes denomínanse tubulina bacteriana a (BtubA) e tubulina bacteriana b (BtubB). As súas propiedades non son exactamente as mesmas. Con todo, os seus bucles de superficie e microtúbulos son extremadamente similares.

Filoxenia

A taxonomía actualmente aceptada está baseada na LPSN e o NCBI

Baseada no ARNr 16S do LTP_08_2023 Baseada en 120 proteínas marcadoras do GTDB 08-RS214

Notas

Categoría:Bacterias