Alba Gonzalo, nada o 21 de abril de 1997 en Barcelona, é unha xogadora de hóckey sobre xeo española. Xoga na posición de porteira e na tempada 2024-25 o seu equipo é o Rögle BK da Division 1 sueca.
Traxectoria Alba Gonzalo comezou xogando ao hóckey liña, e aos 17 anos pasouse ao hóckey xobre xeo.
Durante a tempada 2016-17, con tan só 19 anos, Alba Gonzalo xogou na máxima categoría do hóckey sobre xeo feminino de Finlandia, Naisten SM-sarja nas filas do KJT de Kerava.
Premios e recoñecementos Ao longo da súa traxectoria Alba Gonzalo ten recibido os seguintes galardóns, a maior parte deles coa selección española.
Mellor media de goles en contra na SDHL (1,36): 2019-20 Máis shutouts na SDHL (7): 2019-20 1 medalla de bronce do Campionato do Mundo Division IIB: 2014-15 2 medallas de prata do Campionato do Mundo Division IIB: 2015-16 e 2016-17 1 medalla de ouro do Campionato do Mundo Division IIB: 2017-18 2 medallas de bronce do Campionato do Mundo Division IIA: 2018-19 e 2021-22 2 medallas de prata do Campionato do Mundo Division IIA: 2022-23 e 2023-24 Mellor porteira do Campionato do Mundo Division IIB: 2015-16 e 2017-18 Mellor porteira do Campionato do Mundo Division IIA: 2021-22
Notas
Categoría:Xogadores de hóckey sobre xeo de España Categoría:Nados en 1997 Categoría:Nados en Barcelona Categoría:Xogadoras do KJT Haukat Categoría:Personalidades sen imaxes